viernes, 29 de octubre de 2010

COMUNICADO DE PRENSA DO PARTIDO GALEGUISTA DE OROSO

D. Manuel Siverio Mirás Liñares, concelleiro portavoz do Partido Galeguista de Oroso, informa que o goberno municipal de Oroso composto polo bipartito BNG-PSOE, aprobou hoxe en pleno unha subida de tódolos impostos municipais dunha maneira incomprensible e sen ter en conta a crise económica que afecta á maioría dos cidadáns que xa teñen moitas dificultades para chegar a fin de mes.




Esta suba pon trabas na creación de postos de traballo, pasando a licenza de apertura de empresas dos 650 € que costaba aos 2.100, ou no caso do I.B.I que fai 7 anos estaba no 0.20 % e despois de varias subidas, tras esta última pasa ao 0.45%.



Este goberno municipal continúa subindo os impostos polo despilfarro na súa xestión, subsistindo a base de préstamos que teñen sumido ao Concello na ruína económica, con unha débeda encuberta que supera os 4.000.000 de euros, e aínda pretenden seguir mantendo aos seus enchufados a dedo con soldos de máis de 20.000€ ó ano cada un. Entre estes afortunados están o Secretario do Alcalde e a Secretaria do primeiro Teniente de Alcalde, cuxo traballo político consiste en crear confusión entre os cidadáns terxiversando a realidade da política municipal para poder continuar forrándose á costa dos cidadáns, sen importarlles para nada a ética, a honradez e a transparencia que debera rexir na xestión municipal.



Estas son as consecuencias de ter un alcalde tránsfuga e que está imputado en presuntos casos de corrupción que están sen resolver porque a Fiscalía Xeral de Galicia e a Xusticia non cumpliron co seu deber dende hai moitos anos.



Posiblemente chegará o día en que se desmonte o tinglado de corrupción en Oroso tal e como se ven sucedendo ao longo dos últimos anos con casos por todos ben coñecidos. De feito neso estamos nós dende hai tempo e por iso mesmo nos pretenden crucificar.



Para máis información da política municipal aconsellamos visitar o blog de Siverio , http://oroso-siverio.blogspot.com/



Asina





Manuel Siverio Mirás Liñares