Lendo o da Operación Campeón de Lugo, recórdame un escrito que lle enviei o 26 de outubro de 2006 a D. José Blanco López, que por aquel entón era secretario de organización do PSOE, comunicándolle o comportamento antidemocrático do alcalde de Oroso.
Tamén o 05 de agosto de 2010 enviei unha nota de prensa pedindo que se interviñese o Concello de Oroso por posible corrupción. Nota de prensa.
Nos primeiros de novembro de 2010, o Sr. Blanco visita o Concello de Oroso apoiando a un alcalde, que fora expulsado do propio PSOE por tránsfuga e logo admitido de novo, e eu pregunto porqué este Alcalde foi capaz de conseguir:
1.- a segregación da Barciela incumplindo a Lei sin que votaran os 2 tercios da corporación
2.-a recepción do Polígono Industrial de Sigüeiro- A Ulloa sin que aínda hoxe saibamos qué pasou nin quen ten os terreos das masas común e das pistas da parcelaria.
3.- o incumprimento dos convenios urbanísticos e calar cando algúns propietarios venderon os terreos sin desenrolar e sin cobrarlles o incremento do valor dos terreos e a plusvalía.
4.- a desatención de requerimentos da Xunta de Galicia nos que lle esixían a reposición da legalidade en obras ilegais que a día de hoxe o seguen sendo.
5.- que no Polígono San Martiño II de Oroso, familiares ou amigos seus, participaran na compraventa de terreos sin que ao parecer tiveran pagado o que debían, e sin que ata a data teña actuado a Axencia Tributaria.
6.- a aprobación de presupostos municipais cos informes da Intervención Municipal en contra.
7.- a contratación de persoal e de obras cos informes da Intervención Municipal en contra.
8.- a contratación da dirección de proxectos a socios das súas empresas promotoras prescindindo dos técnicos municipais, namentras que o arquitecto municipal realizaba proxectos para particulares.
9.- en 9 anos e medio, que él e algún amigo, incrementaran escandalosamente o seu patrimonio e o das súas familias, sin que ata este momento nin a Xustiza, nin a Axencia Tributaria se moveran, coñecendo a maioría destes casos e outros máis que existen moi graves.
10.- para poder cometer tantas irregularidades, parece que son necesarios tamén apoios de cargos antidemócraticos.
En Oroso o IGAPE posiblemente cometeu os presuntos erros de Lugo, porque ao parecer tamén houbo grandes concesións de subvencións.
A ver si un día a Xunta de Galicia toma as súas medidas sin que teña que chegar aquí unha xueza como Dª Estela San José Asensio.
Por último, si se confirma a Operación Campeón de Lugo, é grazas a unha señora xueza á que felicito desexándolle moita saúde e sorte. Mágoa que en Galicia non existisen polo menos unha ducia máis de xuezas e xueces como ela.
lunes, 10 de octubre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)