No contexto da crise económica, para reducir o déficit público, segundo a lei aprobada polo goberno do Estado, o pleno do concello de Oroso aprobou por unanimidade a rebaixa porcentual de salarios e asistencias a órganos colexiados de todos os cargos electos deste concello.
O Partido Galeguista presentou unha proposta que debido a crise que estamos vivindo, o Concello de Oroso debía de proceder a dar de baixa o secretario do señor Alcalde, a secretaria do Primeiro Tenente de Alcalde, asi como a secretaria do Xulgado de Paz, xa que o concello ten o suficiente número de habitantes como para que dita praza sexa cuberta con persoal oficial,sen coste algun o Concello.
Esta proposta, lamentablemente, foi rexeitada polo equipo de goberno, podendo aforrar o concello de Oroso, entre soldos e seguridade social, unha cantidade próxima os 100.000€ ó ano.
lunes, 31 de mayo de 2010
A festa da troita máis política
Oroso é un lugar acolledor con xente traballadora, leal e honrada que non merecen un goberno municipal que vive da propaganda enganosa mentindo constantemente.
Unha festa tan importante como a festa da troita, nunca se debeu convertir, nunha festa do PSOE e do BNG.
Tamén é lamentable que mediante nota de prensa digan que cada local recibiu unha media de entre 50 e 80 kilos de troitas, cando en realidade, o concello este ano non entregou ningunha troita ós locales de hostalería. Todos pensaron que os bares que poñían tapas de troitas eran donadas polo concello, cando os que as puxeron, as tiveron que comprar.
Unha festa tan importante como a festa da troita, nunca se debeu convertir, nunha festa do PSOE e do BNG.
Tamén é lamentable que mediante nota de prensa digan que cada local recibiu unha media de entre 50 e 80 kilos de troitas, cando en realidade, o concello este ano non entregou ningunha troita ós locales de hostalería. Todos pensaron que os bares que poñían tapas de troitas eran donadas polo concello, cando os que as puxeron, as tiveron que comprar.
sábado, 15 de mayo de 2010
Na aprobación dos presupostos do ano 2010, o Partido Galeguista presenta unha alegación e vota en contra da súa aprobación xa que non está dacordo en que o Concello de Oroso se dedique a sacarlle as castañas do lume ós seus amigos promotores de Porto Avieira e Sigüeiro, deixando abandonado a maior parte do resto do concello.
Un exemplo do clientelismo inxusto do goberno municipal
Na construcción do campo de fútbol de herba artificial de Sigüeiro-Oroso, o señor alcalde, contrata dirección da obra a un arquitecto amigo e socio del en varias promotoras por un importe de 8.000 €.
Logo este fai unha medición de obra ilegal polo importe de 30.118 €, cando no Concello de Oroso temos un arquitecto municipal que debería levar él a dirección, e sen embargo, está levando a dirección de varias obras particulares a sabendas do señor Alcalde.¡¡ Fíxense ben no que manifesta o interventor municipal e no escrito que presentei o 30 de Decembro do 2009, que ainda está sen contestar!!
¿Para qué queren técnico urbanistas se a maioría dos proxectos e da dirección de obras as están contratando a dedo a técnicos privados?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)