AO SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE OROSO
D. Manuel Siverio Mirás Liñares, maior de idade, NIF 76.303.642-S con domicilio en Avda. da Grabanxa nº 78, Sigüeiro – Oroso (A Coruña), como Concellal electo, portavoz do Partido Galeguista do Concello de Oroso, ante esa Alcaldía de Oroso comparece e como mellor proceda,
MANIFESTA:
PRIMEIRO.- No Diario Oficial de Galicia do día 22 de outubro de 2009, publicouse o anuncio da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oroso, aprobada inicialmente no Pleno do Concello celebrado o día 24-9-2009, co voto en contra do Grupo Político que representa.
SEGUNDO.- Unha vez consultado o citado expediente de modificación puntual e na súa calidade de cargo público, considerando que a Modificación Puntual proposta é perxudicial para os intereses dos veciños de Oroso e para o interés público, presenta as seguintes,
ALEGACIÓNS:
PRIMEIRA.- Que a modificación puntual ampárase maquiavelicamente no informe municipal, que sobre o desenrolo e execución do PXOM, foi subscrito polo arquitecto municipal, que si ben consta no Proxecto de Modificación Puntual, non consta a súa firma, segundo figura na páxina 38 da Memoria Xustificativa.
Dito documento leva data de 2 de febreiro de 2006 e nel dise que as áreas de reparto de Solo Urbano contempladas no PXOM, atópanse dentro dos prazos previstos na estratexia de actuación. Sen dúbida que a data de 2 de febreiro de 2006 os prazos estábanse cumprindo, pero neste momento actual “FINAIS DO ANO 2009” os prazos de desenrolo do planeamento e da edificación foron sobradamente superados xa que o plan prevía desenrolar tódolos sectores delimitados no primeiro cuadrienio de vixencia, o que non se produciu en ningún dos sectores.
As xustificacións que os redactores da modificación puntual exposta ó público manifestan para lexitimar a mesma resultan carentes de motivación algunha posto que nin existe actualmente en Oroso a demanda de solo urbano que se di, nin se carece de solo con esa clasificación nas cercanías de Sigüeiro, nin tampouco resulta axustado á realidade o informe relativo ó desenrolo actual do PXOM en relación ó solo urbano delimitado aportado ó expediente de modificación polo técnico do Concello de Oroso, posto que ningún solo clasificado como urbano no PXOM está desenrolado na súa totalidade, infrinxíndose polo tanto as propias previsións que en materia de execución do planeamento figuran no PXOM de 2005 ó ter transcorrido amplamente os prazos para a súa execución sen que se materializasen as mesmas, incumpríndose integramente os convenios subscritos polo Concello de Oroso cos donos das áreas de reparto de solo urbano delimitado, ó non desenrolarse as obras de urbanización e/ou edificación previstas en ditos pactos e que deberían ter estado entregadas e recibidas polo Concello. Neste sentido, podería deducirse unha mala fe manifesta, tanto dos responsables municipais do Concello de Oroso como do equipo redactor ó incluír na modificación puntual, ó obxecto da súa xustificación, un informe dos servicios técnicos municipais de data 2 de febreiro de 2006, redactado con anterioridade á caducidade dos convenios urbanísticos incorporados no PXOM, e por tanto non axustado á realidade actual do desenrolo do Plan de 2005. Este feito por si solo é suficiente para paralizar unha modificación puntual como a proposta e ademais é tamén susceptible de dar lugar a responsabilidades de tipo xurídico-administrativas e no seu caso penais, en canto que tanto os membros pertencentes ó Goberno Local, como os asesores municipais e incluso os propios redactores da proposta urbanística, coñecedores das circunstancias expostas, con omisión e desprezo total da súa obrigación e das súas facultades e potestades urbanísticas, promoveron uns, aconsellaron outros, formularon os terceiros e finalmente votaron en pleno os membros do goberno local a aprobación dun proxecto baseado nunha falsidade manifesta, que se evidencia nunha realidade urbanística nunhas condicións reais, que difiren totalmente cos presupostos con que se intenta lexitimar a modificación puntual que se pretende.
Resulta por tanto necesario, que por parte das persoas mencionadas, se produza un pronunciamento expreso, que necesariamente debe ser vinculante, antes de seguir coa proposta de modificación, resulta tamén necesario que se dea traslado desta alegación ós redactores do proxecto, para que na memoria do mesmo reflexen a realidade urbanística que existe en Oroso.
SEGUNDA.- Cabe sinalar que o Sistema Xeral de Espacios libres Públicos que se crea na ribeira do Tambre, amén de ocupar unha superficie menor que a área de solo rústico de especial protección da ribeira establecido no planeamento anterior do Concello de Santiago, a súa delimitación realízase polos cerres das fincas en lugar de facelo por unha cota ou por sendas ou camiños. Esta delimitación é pouco racional toda vez que nos atopamos en gran parta da área con terreos inundables e resulta menos racional cando non se segue o mesmo criterio delimitativo en solos con outras clasificacións.
Debe terse en conta ademais que estes terreos están sometidos ó condicionante legal derivado da incorporación deste ecosistema á rede de espacios naturais da Rede Natura 2000.
Resulta especialmente significativo que estes terreos ata agora clasificados como solo rústico especialmente protexido, inundables na maior parte da súa superficie como xa se sinalou, se incorporen ó núcleo urbano de Sigüeiro mediante a súa inclusión na área de reparto AR-Sector nº 12.
TERCEIRA.- Nas áreas de reparto de solo urbano non consolidado AR-SU-nº 3 e AR-SU-nº 8 intégranse a maior parte das vivendas existentes no ámbito que se incorpora ó Concello de Oroso. O solo no que se ubican estas vivendas clasifícase como solo rústico de núcleo rural segundo o planeamento en vigor do Concello de Santiago, estando dotadas, segundo se recoñece na propia memoria da modificación puntual, de tódolos servicios urbanísticos. Ademais, máis do 60% das parcelas contan con edificación. Polo tanto, non parece racional clasificar como urbano solo que na súa orixe clasificouse como de núcleo rural e que ademais conta cunha ordenación adecuada para a súa ubicación entre o solo urbano e o solo protexido pola Rede Natura 2000. Ademais a súa clasificación como solo urbano en nada mellora a súa ordenación ó tempo que pode supoñer que temporal ou definitivamente as vivendas queden fora de ordenación pola súa dimensión ou polas dificultades que sen dúbida conleva o desenrolo dunha área de reparto con tan alto grado de consolidación da edificación e dos servicios existentes, sendo evidente que os seus donos non só resultarán perxudicados, senón que terán que facer fronte ás cargas urbanísticas que legalmente lle corresponden.
CUARTA.- Como ese Goberno Local ten por costume a obstrucción e descalificación dos membros da Oposición, deberá Vostede explicar ós veciños de Oroso os beneficios e perxuizos que se derivan dos seus mesiánicos plans urbanísticos. Para axudarlle un pouco en tal deber, suxírolle a continuación unha serie de extremos que deberían ser explicados por Vostede ós afectados, relativos ás consecuencias que os seus proxectos teñen en materia urbanística:
1.- En relación ós veciños que actualmente teñen vivendas nas áreas de reparto, debe Vostede indicarlles, que no desenrolo das mesmas, deberán facerse cargo das cargas que urbanísticamente lles corresponden, relativas á cesión de solo para equipamentos, viales e ó Concello, así coma ó costo de urbanización correspondente ó que terán que facer fronte no suposto de que esta modificación prosperase.
2..- Así mesmo e respecto a ditos veciños, que actualmente gozan xa dunha vivenda, debería Vostede informarlles que o propio proxecto de modificación puntual, implica unha suspensión de licencias de forma indefinida e que as súas vivendas poden potencialmente quedar fora de ordenación si non cumpren os parámetros de retranqueo, superficie e outras previsións que o PXOM de Oroso contempla nas súas ordenanzas.
3.- Debe Vostede xustificar e matizar expresamente, na Modificación Puntual exposta ó público, o motivo polo cal os donos de terreos afectados pola Modificación Puntual situados na zona de afección do río Tambre, adquiren dereitos a participar no reparto de beneficios e sen embargo os demais donos de solo á veira do río Tambre no resto do Concello, non foron compensados de igual forma, obtendo unicamente unha cualificación das súas fincas “SRPN”, que practicamente llas deixa carentes de valor algún. Debe por tanto xustificar esta patente discriminación que pretende facer, explicando ó resto dos donos de fincas á veira do río Tambre nas parroquias e lugares de Cardama, Carollo, Villarromariz, Senra, San Mamede dos Anxeles, Cas e Estación de Oroso, o por qué eles non foron tidos en conta no reparto de beneficios que agora se instaura arbitrariamente. Tamén debe Vostede aclarar a qué se debe tanta rapidez nesta modificación sabendo que está próxima a aprobarse a reforma da Lei do Solo, e que unha vez aprobada terase que modificar despois todo o PXOM de Oroso para adaptarse á nova Lei.
4.- Ademais e a pesares de que a participación á que se fai referencia no párrafo anterior pode parecer vantaxosa para os donos afectados, deberá explicar ós supostamente beneficiados, que si ben entrarán ó reparto de beneficios, tamén terán que facer fronte ós costos derivados da conseguinte urbanización e ás cesións correspondentes ó Concello. Non esquecendo Vostede de comunicarlles a carga contributiva que suporá en relación ó Imposto de Bens Inmobles de natureza urbana.
5.- Debe Vostede explicar e xustificar a súa falta de responsabilidade, incoherencia e demagoxia, cando pretende involucrar ó Concello de Oroso nun proxecto pretendidamente grandioso, xustificado na suposta necesidade de solo urbano cando sendo coñecedor e fírmante de varios Convenios Urbanísticos, é tamén coñecedor da existencia no PXOM de Oroso de solo urbano máis que suficiente para satisfacer a demanda actual e futura deste tipo de solo, e o motivo polo cal tolera vostede que os obrigados ó seu desenrolo incumpran coas determinacións do PXOM. Esto pon de evidencia que ditos Convenios perseguían unha finalidade distinta da que xustificou no seu día para o seu outorgamento, finalidade que agora se pon de manifesto e que dadas as circunstancias expostas, plantexan unha cuestión que deberá Vostede aclarar debidamente: ¿Cal é a finalidade real da Modificación Puntual nos termos en que está proxectada?. Evidentemente e polas razóns expostas, non está clara, e por tanto deberá Vostede explicar ós veciños, a finalidade e xustificación real da mesma.
6.- Debe explicar Vostede a todos aqueles veciños, que durante as distintas fases de redacción e exposición do PXOM de Oroso, pretenderon mediante alegacións lexítimas, que se lles clasificase unha parcela da súa propiedade como solo de núcleo rural, moitos deles facendo uso dun dereito fundamental e coa intención de poñer a disposición dos seus fillos un anaco de terreo no que poder construír unha vivenda, que o reparto de solo urbano que por índice de poboación e previsións urbanísticas correspondía ó Concello de Oroso, repartiuse no PXOM, subscribindo os famosos convenios (agora incumpridos) e por tanto non quedaba solo urbano para repartir cos distintos núcleos rurais. Evidentemente a súa xestión, desprovista de xustificación real e carente de equidade, tráenos como consecuencia directa dous problemas graves que afectan directamente ó benestar e mellora de calidade de vida en Oroso e que se resumen a continuación:
a) Por un lado temos, que coa súa demencial xestión urbanística, dotou vostede duns beneficios a uns poucos particulares que habilmente subscribiron os Convenios, algún de ditos promoventes venderon os seus terreos unha vez cualificados polo PXOM como urbanos, obtendo evidentemente uns beneficios ou plusvalías substanciais, en ditas operacións e como consecuencia da que a finalidade dos Convenios eran de índole distinta a que consta no seu texto, o Concello de Oroso, non só non recibiu a urbanización de ditos solos, senón que tampouco ingresa ningún tipo de contribución polos mesmos.
b) Por outro lado, resulta actualmente evidente, que a súa nefasta xestión urbanística é directamente xeneradora de paro e desemprego para o Concello agravando substancialmente a recesión económica actual de Oroso, posto que a venta de pisos actualmente está paralizada, resultando paradóxico e sumamente penoso, que si se tivera distribuído o dereito urbanístico atendendo á demanda real posta de manifesto por un número considerable de veciños, outro galo nos cantaría, dado que non habería paro no sector da construcción en Oroso, por canto que nas distintas parroquias deste Concello, poderíanse estar construíndo numerosas vivendas unifamiliares si as determinacións do PXOM foran consecuentes coa demanda realmente existente, manifestada nas peticións de edificacións de vivendas unifamiliares que potencialmente se poderían estar edificando e que agora e por culpa das previsións e prohibicións do PXOM non se poden levar a cabo.
7.- Por último, deberá explicar tamén a tódolos veciños de Oroso, a repercusión e o costo económico que implica o desenrolo da modificación puntual proposta e como se financiará o mesmo.
En virtude ó manifestado,
SOLICITO.- Que se teña por presentado este escrito de alegacións en prazo e forma, facendo constar a oposición e impugnación expresa á modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oroso, na súa actual redacción. E que tendo en conta as alegacións presentadas se acorde:
a) Que na súa actual redacción, a modificación non pode ser aprobada toda vez que a mesma, basease nun informe dos servicios técnicos municipais que pola súa antigüidade non contempla nin a caducidade dos convenios urbanísticos, nin o escaso desenrolo real e grado de cumprimento do PXOM en vigor dende 2005.
b) Que se manteña a clasificación de solo rústico de especial protección no maior ámbito resultante da superposición da Rede Natura 2000 e da delimitación do solo rústico de especial protección de cauces do antigo PXOM de Santiago de Compostela.
c) Que se manteña a clasificación de solo rústico de núcleo rural na delimitación establecida no antigo PXOM de Santiago de Compostela e, ó menos, no solo integrado nas áreas de reparto AR-SU nº 8 e AR-SU nº 3.
d) Que de non admitirse a petición formulada anteriormente, se proceda a redactar a modificación puntual, seguíndose a Alternativa 0 ou 1, á que se fai referencia na Memoria do Planeamento exposto ó público.
e) Que o redactor do proxecto, autor tamén do PXOM, formule contestación a tódalas alegacións que no seu día e por motivo da exposición do PXOM de Oroso lle foron presentadas, nas que se solicitaba a declaración de solo de núcleo rural, non sendo contestadas persoalmente, remitíndose para a súa contestación ás previsións contidas no PXOM, que agora e tal como expuxen, resultan totalmente incertas e carentes de motivación.
O que pido en Oroso, a 22 de decembro de 2009
Asdo. Manuel Siverio Miras Liñares.
Concelleiro-portavoz do Partido Galeguista no Concello de Oroso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar