Despois de pedir nos Plenos e nas Comísións en varias ocasións que por parte do Goberno Municipal se investigasen as obras do aparcamento do Polígono por incumprimento do proxecto e por posible falsedade documental na certificación final das obras non fixeron nin caso, aínda que coñecían o pelotazo tanto no Concello como na Xunta de Galicia, procedendo ambos ó seu pago polo módico prezo de 243.000 euros.
lunes, 14 de junio de 2010
CLIENTELISMO E DESPILFARRO NA OBRA DO POLIDEPORTIVO.
O Concello de Oroso, o día 10 inaugurou as obras do Polideportivo de Sigüeiro construidas co primeiro fondo estatal. Manifestou o Alcalde que con estas obras se crearon vintetrés postos de traballo de aquí e os materiais se compraron todos na localidade. Pois ben, nin todos os postos de traballo eran de aquí nin tampouco se compraron todos os materiais na nosa localidade, e a empresa COPCISA que é de Cataluña foi contratada a dedo por un precio superior ó dado por dúas empresas galegas, as cales facían a obra por un total de 67.000 euros menos, e os proxectos e a dirección das obras contratáronse tamén a dedo a técnicos particulares cando o podían facer os técnicos municipais. Así é como o PSOE e o BNG resolven a crise e por encima celébrano a bombo e platillo.
SEN PRAZAS NA GARDERÍA INFANTIL.
Manuel Siverio sinte moito que quedasen tantos nenos/as sen praza na Escola Infantil. É lamentable que durante máis de oito anos continuemos coas mesmas prazas na Gardería, no CEIP e no Instituto pola incompentencia deste Alcalde, que non pode enganar a tantos en tanto tempo.
viernes, 11 de junio de 2010
MEDIDAS MÁIS NECESARIAS E URXENTES QUE PRECISA OROSO
Para conseguir un cambio prudente e democrático na política municipal:
1º.- É necesario un Governo municipal que governe democráticamente para todos. Que a contratación de persoal e das obras se faga respetando o principio de igualdade, capacidade, mérito e publicidade.
2º.- Urxe unha modificación do PXOM dentro dos límites da lei para aumenta-la edificabilidade no rural e ordena-lo solo, correxindo as discriminacións que existen.
3º.- Hai que elaborar un plan para consegui-lo saneamento de todo o rural, cunha mellora da rede viaria e remata-la concentración parcelaria. Que cada parroquia teña un centro social en debidas condicións e construi-los depósitos necesarios para a carga de cisternas para poder rega-los agricultores sin que sexan sancionados.
4º.- Hai que consegui-la sinalización das parroquias, aldeas, ríos, castros, zonas deportivas e igrexas do municipio.
5º.- Poñer á disposición da Xunta os terreos necesarios para a ampliación da Gardería, CEIP e Instituto. A construcción dun centro municipal para a 3ª Idade en debidas condicións.
6º.- Hai que conseguir unha piscina municipal cuberta e climatizada.
7º.- Hai que consegui-la construcción dun Tanatorio Municipal. Soluciona-lo problema gravísimo de cemiterio existente en Marzoa. No cemiterio novo de Oroso e Trasmonte, onde tódolos titulares de panteóns están sin documentación, nós comprometémonos a que cada titular teña a súa documentación, a cal lle corresponde legalmente.
8º.- O partido galeguista está disposto a crear unha bonificación para rebaixa-las contribucións do i.v.e. rural de ata o 50 % que permite a lei en todos aqueles lugares nos que o Concello non preste os servicios que lle corresponde, como por exemplo saneamento, suministro de auga, alumbrado, etc.
9º.- O Concello de Oroso non pode esquilmar con impostos ós seus cidadáns, debe recaba-los recursos económicos necesarios para o seu desenrrolo nas distintas administracións como, a Deputación, a Xunta de Galicia, o Estado e a Unión Europea, e ordear razoablemente as retribucións da Alcaldía e da Corporación Municipal, invertindo en lugar de gastar.
10º.- Hai que promove-la creación ó pé do río Tambre dun paseo dende o Portiño en Sigüeiro ata Porto Avieira, a construcción dunha praia fluvial e a recuperación da Illa do Refuxio para potencia-lo turismo e os lugares de lecer.
11º.- Governar con transparencia, colgando na páxima web do Concello de Oroso tódalas actas dos Plenos, comisións de governo, decretos e resolucións da Alcaldía, presupostos municipais e préstamos suscritos polo Concello, etc, para que os veciños teñan coñecemento da xestión municipal.
12º.-.- Consegui-la entrada e saída da autopista para dar unha solución ó tráfico da N-550 en Sigüeiro.
13º.- Tramitar coa máxima urxencia posible, o desenrrolo dos polígonos industriais para atraer empresas que creen riqueza e postos de traballo.
14º.- O Partido Galeguista está disposto a dialogar e negociar ata, si é necesario, conformar un governo municipal, pero con concelleiros/as que teñan as mans limpas e que non estean involucrados na corrupción.
15º.- No Concello de Oroso é necesaria unha Auditoría Xeral para desenmascarar a trama caciquil de clientelismo e nepotismo existente, dando conta a todos os cidadáns.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)