O Concello de Oroso, o día 10 inaugurou as obras do Polideportivo de Sigüeiro construidas co primeiro fondo estatal. Manifestou o Alcalde que con estas obras se crearon vintetrés postos de traballo de aquí e os materiais se compraron todos na localidade. Pois ben, nin todos os postos de traballo eran de aquí nin tampouco se compraron todos os materiais na nosa localidade, e a empresa COPCISA que é de Cataluña foi contratada a dedo por un precio superior ó dado por dúas empresas galegas, as cales facían a obra por un total de 67.000 euros menos, e os proxectos e a dirección das obras contratáronse tamén a dedo a técnicos particulares cando o podían facer os técnicos municipais. Así é como o PSOE e o BNG resolven a crise e por encima celébrano a bombo e platillo.
lunes, 14 de junio de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario