miércoles, 18 de agosto de 2010

RESPOSTA Á PUBLICACIÓN FEITA POLA "Agrupación Socialista de Oroso", COMO REACCIÓN Ó NOSO MANIFESTO DO DÍA 4 DE AGOSTO NO CORREO GALEGO

Xa é curioso que remitan un escrito sen a súa sinatura e afirmando que Siverio minte e engana aos cidadáns, pero sen concretar cales son tales mentiras e enganos (claro, asunto escabroso, poñerse a inventar)

Aclarar polo tanto, que Siverio nunca se dirixiu políticamente a esa agrupación con relación á falta de democracia na xestión municipal, porque sabe que non son os responsables directos do que pasa no goberno municipal, e que están pagando as consecuencias de admitir no seu día a quen rompeu o pacto antitransfuguismo e que se atopa imputado como presunto partícipe nunha trama de corrupción dende fai máis de 6 anos.

Nada hai máis certo que o dano que fai a verdade cando se enfrenta a quen non está acostumado a utilizala. E precisamente o que máis lles doe e que Siverio nunca mentiu, insultou nin enganou aos cidadáns, senón que conta a verdade sabendo que quen minte é o goberno municipal para encubrir as súas trampas interesadas. Así pois, imos dar conta dalgunhas das súas mentiras:

MENTIRON cando dixeron que na festa da Troita se deron de 50 a 80 Kilos de troita a cada bar cando en realidade non deron nin unha soa troita.
MENTIRON ao decir que en Portoavieira se contruiría unha piscina cuberta climatizada cando en realidade non hai nin traza dela
MENTIRON dicindo que o 112 viría para Oroso e pola súa deixadez o perderon.
MENTIRON prometendo que gobernarían democráticamente e mal empezaron, negándose a realizar unha auditoria xeral, e mal proseguiron, negándolle reiteradamente o acceso á documentación á que ten dereito por lei a Oposición, poñendo trabas á entrega de fotocopias e non contestando a maioría dos escritos.
MENTIRON ao dicir que o Concello ten unha fotocopiadora cando en realidade ten máis de media ducia e doce impresoras.
MENTIRON dicindo que o aparcamento do Polígono foi feito segundo o proxecto e procedendo a realizar o seu pago sabendo que é unha chapuza.
MENTIRON ao dicir que o Concello de Oroso práctica a austeridade debido á crise, cando en realidade manteñen ao Secretario do Alcalde e á Secretaria do  1º Teniente de Alcalde cobrando máis de 20.000 € anuais cada un deles.
MENTIRON dicindo que o Concello de Oroso ten unha situación económica boa, cando  en realidade tiveron que aprobar un Plan Económico Financieiro cunha débeda aproximada de máis de 4 millóns de euros e está subsistindo a base de préstamos. Neste referente a modo significativo, podemos mencionar que no mes de marzo tiveron que suscribir un préstamo de 431.000 € e no mes de xullo outros 215.000 € .
E por último, MENTIRON ao decir que a oposición nunca presentou ningunha iniciativa, cando en realidade podemos mencionar entre outras, as seguintes :
-  a contratación dunha auditoría xeral económica e financieira do Concello en base ó informe do Consello de Contas da Xunta de Galicia
- a liberalización do coto de pesca do río Tambre, dende a Ponte Carollo ata o Río Lengüelle
- a entrada e saída da autopista A-9 en Sigüeiro dirección Pontevedra
- a petición ás tres forzas políticas do Parlamento de Galicia, que procedesen a anula-lo plus de altos cargos aprobado na última reforma da Lei de Función Pública… e un largo etcétera

Esto tan a modo de exemplo e, que por certo, o equipo de goberno votou en contra destas iniciativas, co cal non estaría demais que agora lle explicasen aos cidadáns o porqué.

miércoles, 4 de agosto de 2010

MANIFESTO DO PARTIDO GALEGUISTA DE OROSO

O Concello de Oroso dende o golpe de estado da moción de censura de fai máis de oito anos vive nunha situación institucional, política e incluso xudicial inestable, e impropia dun sistema democrático que produce unha inquietude social.

     Hai máis de un ano que o grupo político do Partido Galeguista na Corporación Municipal, cansos de soportar tanta inxustiza, presentaou unha denuncia no Xulgado de Guardia contra o Alcalde e o Secretario Municipal por non respetar os nosos dereitos como membros da Oposición, privándonos da documentación que nos corresponde, non contestando ós escritos na maioría das veces, retirándonos constantemente a palabra nos Plenos con insultos e descalificacións irrespetuosas que o Secretario non recolle en acta.

     Cando solicitamos que o Secretario se pronuncia sobre algunha ilegalidade tampouco o fai. A todo esto hai que engadir tamén o incumprimento da Lei na maioría das contratacións das obras, con clientelismo e nepotismo, facendo caso omiso ós reparos da Intervención Municipal por certificacións de exceso ilegais.

     Gobernando por decreto na maioría dos casos vaciando así o contido dos Plenos.

     A posible e constante corrupción política chegou ata aquí porque o Sr. Fiscal Xeral de Galicia, a Fiscalía Anticorrupción, o Tribunal de Contas, a Policía de Delitos Urbanísticos e o Xulgado de Instrucción Nº 1 de Ordes, sendo coñecedores do que está pasando no Concello de Oroso incumpriron incomprensiblemente co seu deber.

     A nosa indefensión lévanos a que informemos públicamente ós cidadáns que o Concelleiro e a Concelleira do Partido Galeguista, estamos decididos provisionalmente a non participar nos Plenos municipais como o levan facendo xa dende hai tempo un Concelleiro de Terra Galega e unha Concelleira da Partido Popular, en tanto en canto non se nos respeten os nosos dereitos constitucionais como membros da Oposición e a Xustiza non actúe en cumprimento do seu deber.

     ¿Por qué o PSOE sabendo o que pasa en Oroso tolera a este Alcalde tránsfuga e antidemocrático?, non é entendible nin razoable que non se teña intervido o Concello de Oroso como se interviú o de Marbella.

     ¿Qué pasa co Xulgado de Instrucción Nº1 de Ordes que leva máis de seis anos instruindo dilixencias que conteñen informes claros e concluintes?.

    ¿Alguén está amparando todo esto?.

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO GALEGUISTA DE OROSO

O Alcalde de Oroso coa súa habitual forma dictatorial decide iniciar o expediente para otorgar a insignia de ouro a un amigo, cando o razoable sería que esta condecoración se consensuara con toda a Corporación , por eso tódolos membros da oposición, excepto a portavoz do PP, decidimos non participar no Pleno e por este motivo o Alcalde chamounos cobardes.

     O Partido Galeguista, si o Alcalde  é tan valente, emplazao a que convoque un referendo no que os cidadáns poidan votar si este señor merece a insignia ou non.

     O Partido Galeguista respetará democráticamente o que decidan os cidadáns nesa votación.