Xa é curioso que remitan un escrito sen a súa sinatura e afirmando que Siverio minte e engana aos cidadáns, pero sen concretar cales son tales mentiras e enganos (claro, asunto escabroso, poñerse a inventar)
Aclarar polo tanto, que Siverio nunca se dirixiu políticamente a esa agrupación con relación á falta de democracia na xestión municipal, porque sabe que non son os responsables directos do que pasa no goberno municipal, e que están pagando as consecuencias de admitir no seu día a quen rompeu o pacto antitransfuguismo e que se atopa imputado como presunto partícipe nunha trama de corrupción dende fai máis de 6 anos.
Nada hai máis certo que o dano que fai a verdade cando se enfrenta a quen non está acostumado a utilizala. E precisamente o que máis lles doe e que Siverio nunca mentiu, insultou nin enganou aos cidadáns, senón que conta a verdade sabendo que quen minte é o goberno municipal para encubrir as súas trampas interesadas. Así pois, imos dar conta dalgunhas das súas mentiras:
MENTIRON cando dixeron que na festa da Troita se deron de 50 a 80 Kilos de troita a cada bar cando en realidade non deron nin unha soa troita.
MENTIRON ao decir que en Portoavieira se contruiría unha piscina cuberta climatizada cando en realidade non hai nin traza dela
MENTIRON dicindo que o 112 viría para Oroso e pola súa deixadez o perderon.
MENTIRON prometendo que gobernarían democráticamente e mal empezaron, negándose a realizar unha auditoria xeral, e mal proseguiron, negándolle reiteradamente o acceso á documentación á que ten dereito por lei a Oposición, poñendo trabas á entrega de fotocopias e non contestando a maioría dos escritos.
MENTIRON ao dicir que o Concello só ten unha fotocopiadora cando en realidade ten máis de media ducia e doce impresoras.
MENTIRON dicindo que o aparcamento do Polígono foi feito segundo o proxecto e procedendo a realizar o seu pago sabendo que é unha chapuza.
MENTIRON ao dicir que o Concello de Oroso práctica a austeridade debido á crise, cando en realidade manteñen ao Secretario do Alcalde e á Secretaria do 1º Teniente de Alcalde cobrando máis de 20.000 € anuais cada un deles.
MENTIRON dicindo que o Concello de Oroso ten unha situación económica boa, cando en realidade tiveron que aprobar un Plan Económico Financieiro cunha débeda aproximada de máis de 4 millóns de euros e está subsistindo a base de préstamos. Neste referente a modo significativo, podemos mencionar que no mes de marzo tiveron que suscribir un préstamo de 431.000 € e no mes de xullo outros 215.000 € .
E por último, MENTIRON ao decir que a oposición nunca presentou ningunha iniciativa, cando en realidade podemos mencionar entre outras, as seguintes :
- a contratación dunha auditoría xeral económica e financieira do Concello en base ó informe do Consello de Contas da Xunta de Galicia
- a liberalización do coto de pesca do río Tambre, dende a Ponte Carollo ata o Río Lengüelle
- a entrada e saída da autopista A-9 en Sigüeiro dirección Pontevedra
- a petición ás tres forzas políticas do Parlamento de Galicia, que procedesen a anula-lo plus de altos cargos aprobado na última reforma da Lei de Función Pública… e un largo etcétera
Esto tan só a modo de exemplo e, que por certo, o equipo de goberno votou en contra destas iniciativas, co cal non estaría demais que agora lle explicasen aos cidadáns o porqué.
Siverio, tes unha ardua tarefa no teu concello, loitar contra persoas sumisas que malgobernan as cidades e as vilas a cambio de un puñado de euros.Vivimos nun sistema viciado que non sairá adiante con elementos coma estes. Pola miña parte animote a seguir defendendo a teoria de "morrer de Pé, antes que viver de rodillas".
ResponderEliminarUnha aperta.
hola
ResponderEliminar