O PARTIDO GALEGUISTA de Oroso continua facendo unha oposición coherente e leal cos cidadáns, a pesar de que contra a nosa vontade tivemos que deixar de asistir aos plenos por falta de democracia na xestión do goberno municipal.
Para o pleno do día 18 de novembro de 2010, presentamos un escrito para que constaran en acta as razóns polas que decidimos non asistir ós plenos (adxuntamos copia do mesmo). Dos 6 concelleiros que constituimos a oposición, só asistiron a ese pleno unha concelleira de Terra Galega e outra do PP. Segundo a prensa estas concelleiras criticaron a nosa ausencia aplaudindo ao Alcalde, o cal e sorprendente tendo en conta que os seus compañeiros que xa levan tempo sin asistir ós plenos e nunca xustificaron a súa ausencia aos mesmos.
En tres anos que levamos de lexislatura, entre ambas concelleiras que asistiron a este pleno, só unha delas emitiu unha nota de prensa (adxuntamos copia) na que denunciaba a actitude antidemocrática deste alcalde tránsfuga, que é un especialista en premiar os silencios e as complicidades.
Esperamos que algún día se desmonte a trama caciquil e hipócrita instaurada no Concello de Oroso.
Esperamos que algún día se desmonte a trama caciquil e hipócrita instaurada no Concello de Oroso.
Gloria, xa non te acoras dos mítins de Terra Galega nos que ti e o teu compañeiro lle chamabades de todo a este alcalde menos guapo?..., en tres anos e medio que van de lexislatura é a primeira vez que dis algo, e precisamente sen razón e a favor do alcalde. Sen embargo, nunca dixeches nada do teu compañeiro, que so tomou posesion e non voltou máis os plenos. A túa complicidade co alcalde seguramente se deba a que che teñen contratado a dedo ó teu marido no concello, e ata pode que consigas a súa paraza fixa na oferta de emprego público aprobada polo alcalde. OXALÁ ALGÚN DÍA POIDAMOS VER QUE OS EDILES QUE NOS REPRESENTAN NON SE VENDEN PARA OBTER BENEFICIOS PROPIOS!!!
ResponderEliminar