viernes, 21 de enero de 2011

NOTA DE PRENSA

Manuel Siverio Mirás Liñares, Concelleiro – portavoz do Partido Galeguista de Oroso informa que o goberno municipal de Oroso, composto polo bipartito BNG – PSOE, aprobou o día 18 deste mes os presupostos municipais para o ano 2011, coa ausencia dos 2 concelleiros e 2 concelleiras da Oposición por non respetar os nosos dereitos como membros da mesma, privándonos antidemocráticamente da entrega da documentación que por lei nos pertence co fin de encubrir as súas cacicadas e ilegalidades.

Primeiramente aprobaron facturas de recoñecemento extraxudicial de crédito co informe de Intervención en contra, unha destas facturas de 19.991,88 euros por acondicionamento e carpintería interior da sala de exposicións do Centro Cultural, cando nesta sala non se realizou ningún tipo de traballo de carpintería. Outra factura de 10.217,82 euros a unha arquitecta particular cando o arquitecto municipal co coñecemento do Alcalde está realizando proxectos ou dirección de obras particulares.

Estos presupostos contemplan o pago de intereses e amortizacións para o ano 2011 de 345.502,00 euros, é decir, o Concello terá que pagar diariamente 946,58 euros sin contar o resultado do exercicio do 2010 que non é pequeno, e outros préstamos con carencia que non se contan.

Polo imposto de vehículos no ano 2010 o Concello cobrou 313.482,00 euros e para o 2011 coa subida cobrará 339.605,00 euros. No IBI rústica cobrou no 2010 a cantidade de 48.403,00 euros e para o ano 2011 ten previsto cobrar coa subida a cantidade de 60.677,00 euros. En canto ao IBI urbana cobrou no 2010 673.117,00 euros e para o ano 2011, coa subida, cobrará 766.312,00 euros.

Nestes presupostos aprobaron unha partida de 407.723,00 euros para finalizar a urbanización de Porto Avieira 2ª fase, cando quen tiña que realizar esta obra era a promotora.

Inclúen nestes presupostos 9.281.200,00 euros para a ordenación do polígono 10 de Oroso, cando o levan xa incluindo nos catro últimos presupostos. Inflan os presupostos para baixar a porcentaxe de débeda.

Por último decir que a situación política e económica do Concello de Oroso é demencial. Pese á crisis existente continúan subindo os impostos facendo así que os cidadáns teñan que pagar a súa mala xestión e soportando o clientelismo, nepotismo e o incumprimento da lei na maioría das contratacións das obras, pasando por alto os numerosos reparos da Intervención municipal na aprobación dos distintos presupostos.


Oroso, 20 de xaneiro de 2011.

Asdo. Manuel Siverio Mirás Liñares.

1 comentario: