Nas eleccións municipais do 22 de maio, o PSOE de Oroso fixo a campaña política máis sucia, indecente e antidemocrática que se recorda na historia deste Concello. Unha campaña política de carácter totalitario e farsante, con falsidades, enganando ós cidadáns de boa fe para que lles votasen e mancillando a quen lle fixo unha oposición honesta e honrada sen dobregarse. Así conseguiron a maioría absoluta, pero carecen de autoridade moral por falta de ética e decencia política. (Tamén Julián Muñoz conseguiu varias maiorías absolutas en Marbella).
O desespero político da dirección do PSOE de Oroso, posiblemente estivera motivado por as circunstancias que xa coñecemos do seu candidato.
De todos os xeitos, esperamos que para ás próximas eleccións municipais, o día de reflexión non se convoque ningunha excursión aos canons do Sil, e o día dás eleccións que tampouco se pida o voto nin se utilice o "carreto" etc, etc,...
Xa Castelao definía o caciquismo como un axente creado e sostido polas inxustizas da lei que ten nos concellos o seu tobo da raposeira caciquil. Tamén dicía: "Irmáns, fuxide sempre dous parvos, non vos arrimedes a eles, porque poden roubarvos algo da vosa razón e transmitirvos a súa parvada; deixádeos paseiar, falar, danzar e medrar non seu mundo, e se algún chega a ser autoridade non mostredes asombro, porque son cousas do sistema que combatemos e dous tempos en que nos cadrou vivir".
miércoles, 6 de julio de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)