Nas eleccións municipais do 22 de maio, o PSOE de Oroso fixo a campaña política máis sucia, indecente e antidemocrática que se recorda na historia deste Concello. Unha campaña política de carácter totalitario e farsante, con falsidades, enganando ós cidadáns de boa fe para que lles votasen e mancillando a quen lle fixo unha oposición honesta e honrada sen dobregarse. Así conseguiron a maioría absoluta, pero carecen de autoridade moral por falta de ética e decencia política. (Tamén Julián Muñoz conseguiu varias maiorías absolutas en Marbella).
O desespero político da dirección do PSOE de Oroso, posiblemente estivera motivado por as circunstancias que xa coñecemos do seu candidato.
De todos os xeitos, esperamos que para ás próximas eleccións municipais, o día de reflexión non se convoque ningunha excursión aos canons do Sil, e o día dás eleccións que tampouco se pida o voto nin se utilice o "carreto" etc, etc,...
Xa Castelao definía o caciquismo como un axente creado e sostido polas inxustizas da lei que ten nos concellos o seu tobo da raposeira caciquil. Tamén dicía: "Irmáns, fuxide sempre dous parvos, non vos arrimedes a eles, porque poden roubarvos algo da vosa razón e transmitirvos a súa parvada; deixádeos paseiar, falar, danzar e medrar non seu mundo, e se algún chega a ser autoridade non mostredes asombro, porque son cousas do sistema que combatemos e dous tempos en que nos cadrou vivir".
miércoles, 6 de julio de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Siverio, calcaches o que aconteceu na campaña electoral, a túa loita digna é de agradecer.
ResponderEliminarEu non fun ós cañóns do Sil, pero estiven no último mítin do PSOE en Sigüeiro e comín a escachar, tamén gravei no meu teléfono as frases máis indignas e falsas que escoitei na miña vida hacia a túa persoa, e digo indignas e falsas porque te coñezo personalmente... (xa chas pasarei). Que saibas que tes o noso apoio.
A mesma campaña antidemocrática , suxa e indecente que fixo o señor Siverio , falto de calquera principio básico non só dun politíco porque non pode chamarselle así como tampouco dunha persoa porque tampouco o é. Traizoa todo o que distingue o ser humá como é o respeto a lealdade e o compromiso , vostede só ten un compromiso e é consigo mesmo , pero despois destas eleccións e despois de máis de vinte anos na politíca orosá darase conta que non ten máis que facer que recoller os bártulos e ir para a casa, non discutiremos que nalgún caso podera ter razón , pero as formas non son as súas....
ResponderEliminarEsta Silvia María sí que non ten credibilidade ningunha, sempre fala por falar sen acreditar nada do que di. Permítame dubidar da súa integridade moral cando osa decir algo tan insultante pero sobre todo falto de verdade como que a Siverio non se lle pode chamar persoa. Sabe o que pasa?, que lle molesta precisamente eso, que sí o sexa, e se pensa o ladrón que todos son da súa condición. Vostede si que non lle chega a sola dos zapatos, falando de lealtade e principios xa vostede quixera ter unha simple idea do que eso significa, que tal e como se pode apreciar nos seus comentarios ofensivos, vostede carece deles, e a envexa hacia Siverio como persoa con principios que moitos quixeran e ao que non poden corromper(precisamente esto é o que lles molesta), é a que lle leva a un "ser" coma vostede a falar escupindo veneno pola súa sucia boca. Mellor iría o mundo con máis PERSOAS coma Siverio e menos coma vostede.
ResponderEliminarO mundo poderá ir mellor cando peroas coma SIVERIO , deixen de entorpecer a vida política dos pobos coas suas vinganzas persoais, e o que se adiquen sexa a velar polos intereses dos seus veciños ..
ResponderEliminar