jueves, 22 de abril de 2010

Carta dun veciño asistente ós plenos

Así se cumple o pacto do goberno bipartito

El Correo Gallego 13 de xaneiro do 2009
Denuncian que alumnos del obradoiro de empleo plantan fincas privadas

El Correo Gallego 13 de xaneiro de 2009 
La recepción de Porto Avieira, cuestión de días

El Correo Gallego 17 de xaneiro do 2009 

Acusan al gobierno de Oroso de costear la obra de una promotora

Os presupostos de Oroso durante os últimos anos



 O Sr. alcalde e os seus secuaces que o apoian cegamente, que lle expliquen ós cidadáns de Oroso cómo xestionaron semellantes cantidades de diñeiro.
Onde están, en qué obras? Por qué con préstamos e pendentes de pago se deben uns 4 millóns de euros aínda?
Este alcalde é un reo dos que o apoiaron na moción de censura de hai 8 anos. Estánlle dirixindo a política municipal pola súa incompetencia. Aínda continuamos coas seguintes promesos de cando a moción de censura, que aínda non cumplíu:
  • A antena de telefonía móbil, a carón da gardería, está aínda sen retirar
  • A ampliación da gardería sen ampliar unha sóa plaza
  • A ampliación do CEIP e a do IES, continúan coas mesmas plazas como hai 8 anos
  • O acceso da autoestrada A9, aínda sen traza 
O Sr. alcalde, en setembro do 2007, recibíu irresponsablemente as obras do polígono industrial da Ulloa  (a cambio de 150.000 euros IVE incluído) sen estar rematados os accesos e sen remata-los servizos, que eran responsabilidade de Xestur: a día de hoxe aínda non hai acceso, nen rotonda nen están rematadas as infraestruturas.
O que sí fixeron foi asfaltar o aparcadoiro do polígono, incumplindo completamente o proxecto e contratando a dedo a obra por 243.000 euros. Obra na que, agora, a lama aflora a través do asfalto.
A especulación urbanística cada día é máis alarmante, agora que lle pregunten ó Sr. alcalde tódo-los veciños que aínda seguen sen licencia de primeira ocupación e metidos nun bó lío pola complicidade deste alcalde cos promotores. Por qué no concello de Oroso seguen construíndo aqueles promotores que curiosamente son os que máis infraccións levan cometido?

sábado, 17 de abril de 2010

Prácticas habituais na xestión municipal do goberno de Oroso

Soberbia, prepotencia e despotismo.
Despilfarro e malversación do presuposto.
Discriminación.
Tráfico de influencias.
Desprezo á verdade.
Incongruencias. Etc.

Estes son a xuízo de Manuel Siverio Mirás Liñares, os pecados capitais máis destacables do actual goberno de Oroso, que calquera veciño de Oroso pode persoalmente comprobarm se tén interese en facelo, consultando a documentación que se irá achegando periódicamente neste blog.

SOBERBIA, PREPOTENCIA É DESPOTISMO. Posta de manifesto na actitude mostrada pola actual executiva, negando ou obtaculizando información aos cidadáns, non o di só Siverio, que o sofre directamente, senón que o PP de oroso e o Defensor do Pobo de Galicia, destaca ao Concello de Oroso, como o máximo expoñente no desprezo a un dereito fundamental tan básico e importante. (Véxase Informe do Valedor do Pobo e publicacións de prensa rexional)
DESPILFARRO E MALVERSACIÓN DO PRESUPOSTO- uso de diñeiro público para favorecer a uns e perxudicar a outros:
  • EN OBRAS PÚBLICAS: Parque Río Carboeiro - PXOM zona segregada de Santiago - Farolas eiras - Asfaltados eiras - Rotonda - Etc
  • EN IMPOSTOS: Non aplicar o imposto de plusvalía ás vendas do solo industrial de Oroso por ter intereses no mesmo. Subidas inxustificadas do IBI, subida do imposto pola recollida do lixo nos establecementos do rural
DISCRIMINACIÓN. A súa política segue a máxima: "Ó amigo a mano, ó enimigo polo a... e ó indiferente aplicámoslle a lei vixente" (Esta última coa interpretación que resulte convinte).
Se se queren ver exemplos flagrantes de discriminación, pode un pasearse polos diferentes núcleos rurais e se poderá observar, cómo as beirarrúas e as farolas colócanse en función do sitio onde os comparsas do equipo de goberno teñen a súa residencia.
TRÁFICO DE INFLUENCIAS.- Posto de manifiesto:
  • Convenios urbanísticos: facilidade para celebralos e tolerancia absoluta para o seu incumplimento
  • Licenzas de obras: facilidade para a súa obtención ou pegas á súa expedición, en función do nivel de simpatía política do solicitante.
DESPREZO Á VERDADE. As mentiras non deben quedar impunes.
Minte o Sr. Alcalde, cando daba por feito a instalación do 112 en Oroso, e agora vaise instalar no Concello de A Estrada.

A piscina climatizada de Porto Avieira a día de hoxe é un burato que só servíu para conseguir terra a baixo prezo para o recheo do campo de golf.

Caos do goberno municipal

Aínda que administran o Concello como se fora a súa casa particular, con amenazas, insultos, enganos, mentiras e descalificacións, non van conseguir que Siverio cale, tire a toalla ou se venda.
Siverio prefire continuar sendo honrado e leal cos veciños de Oroso na oposición, antes que formar parte dun goberno municipal con corruptos e caciques.
Como decía Castelao "as descalificacións dos caciques honran ós demócratas" e "as armas dos cobardes son as mentiras".

Feitos que demostran realidades (2)

Siverio nunca utilizou a política en beneficio propio, nin en asuntos particulares. Pero para poñer un exemplo da doble moral que practica este "sociolisto" fíxense quén está ilegalmente.

Xestoría Rafra na Rúa do Camiño Real










Parte traseira do edificio na Rúa Camiño Real, onde están situadas as oficinas de Rafra, contruídas en zona verde.



Esta obra, contruída ilegalmente, sen licencia, en solo rústico, ó lado do campo de fútbol de Vilaromariz dun compañeiro tamén "sociolisto"