sábado, 17 de abril de 2010

Prácticas habituais na xestión municipal do goberno de Oroso

Soberbia, prepotencia e despotismo.
Despilfarro e malversación do presuposto.
Discriminación.
Tráfico de influencias.
Desprezo á verdade.
Incongruencias. Etc.

Estes son a xuízo de Manuel Siverio Mirás Liñares, os pecados capitais máis destacables do actual goberno de Oroso, que calquera veciño de Oroso pode persoalmente comprobarm se tén interese en facelo, consultando a documentación que se irá achegando periódicamente neste blog.

SOBERBIA, PREPOTENCIA É DESPOTISMO. Posta de manifesto na actitude mostrada pola actual executiva, negando ou obtaculizando información aos cidadáns, non o di só Siverio, que o sofre directamente, senón que o PP de oroso e o Defensor do Pobo de Galicia, destaca ao Concello de Oroso, como o máximo expoñente no desprezo a un dereito fundamental tan básico e importante. (Véxase Informe do Valedor do Pobo e publicacións de prensa rexional)
DESPILFARRO E MALVERSACIÓN DO PRESUPOSTO- uso de diñeiro público para favorecer a uns e perxudicar a outros:
  • EN OBRAS PÚBLICAS: Parque Río Carboeiro - PXOM zona segregada de Santiago - Farolas eiras - Asfaltados eiras - Rotonda - Etc
  • EN IMPOSTOS: Non aplicar o imposto de plusvalía ás vendas do solo industrial de Oroso por ter intereses no mesmo. Subidas inxustificadas do IBI, subida do imposto pola recollida do lixo nos establecementos do rural
DISCRIMINACIÓN. A súa política segue a máxima: "Ó amigo a mano, ó enimigo polo a... e ó indiferente aplicámoslle a lei vixente" (Esta última coa interpretación que resulte convinte).
Se se queren ver exemplos flagrantes de discriminación, pode un pasearse polos diferentes núcleos rurais e se poderá observar, cómo as beirarrúas e as farolas colócanse en función do sitio onde os comparsas do equipo de goberno teñen a súa residencia.
TRÁFICO DE INFLUENCIAS.- Posto de manifiesto:
  • Convenios urbanísticos: facilidade para celebralos e tolerancia absoluta para o seu incumplimento
  • Licenzas de obras: facilidade para a súa obtención ou pegas á súa expedición, en función do nivel de simpatía política do solicitante.
DESPREZO Á VERDADE. As mentiras non deben quedar impunes.
Minte o Sr. Alcalde, cando daba por feito a instalación do 112 en Oroso, e agora vaise instalar no Concello de A Estrada.

A piscina climatizada de Porto Avieira a día de hoxe é un burato que só servíu para conseguir terra a baixo prezo para o recheo do campo de golf.

2 comentarios: