martes, 7 de octubre de 2014

O PSOE de Oroso vota en contra de facer unha revisión para comprobar o posible fraude na facturación eléctrica. (explicacións na moción)


            MOCIÓN PARA A REVISIÓN DA FACTURACIÓN ELÉCTRICA                                                                     

D. Manuel Siverio Mirás Liñares, en calidade de concelleiro da Corporación de Oroso ao abeiro do disposto na Lei de Bases de Réxime Local e nos regulamentos que a desenvolven, presento para o próximo Pleno Ordinario da Corporación do Concello de Oroso a seguinte MOCIÓN:


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Na data de 17 de marzo do presente ano, foi denunciada públicamente a facturación fraudulenta de Gas Natural Fenosa a concellos Galegos, por enerxía reactiva no alumeado público, con contratos de tarifa simple de baixa tensión, do tipo 2.0 DHA, con discriminación horaria.

Despois do recoñecemento da facturación ilegal ao Concello de Vilar de Santos por parte de Gas Natural Fenosa e de que o Servizo de Consumo da Xunta de Galicia iniciara un expediente sancionador contra esta empresa energética, a raíz da denuncia previa formulada polo devandito Concello de Vilar de Santos, pensamos que é procedente que todos, administracións públicas e particulares, revisen as súas facturas, pero tamén é o momento de que os organismos reguladores e os encargados de velar porque se cumpra a legalidade vixente, actúen para que as empresas energéticas deixen de inmediato de cometer este fraude, e ao mesmo tempo reintegren a totalidade das cantidades cobradas de xeito indebido.

A normativa aplicable á materia é o Real Decreto 1164/2001, do 26 de outubro, polo que se establecen tarifas de acceso ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica. Tamén se debe ter presente o Artigo 1966 do Código Civil, ao establecer que deberán de revisarse, polo menos, todas as facturas emitidas durante os cinco últimos anos completos.

Tendo en conta que o Concello de Oroso pode estar tamén afectado por esta práctica de facturación fraudulenta levada a cabo desde o ano 2001 polas empresas enerxéticas e que a factura eléctrica é unha das principias partidas de gasto que ten que afrontar o noso concello, é polo que o grupo municipal do Partido Galeguista Demócrata, solicita do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes,

ACORDOS

Instar ao grupo de goberno a proceder á revisión de toda a facturación eléctrica, principalmente a do alumeado público con contratos de tarifa simple de baixa tensión con discriminación horaria, cando menos dos últimos cinco anos, para comprobar si é correcta.
Instar ao grupo de goberno a que esixa ao Servizo de Consumo da Xunta Galicia que realice un control na facturación, realizando unha mostraxe da facturación efectuada nos últimos cinco anos a particulares e empresas do noso concello, a fin de comprobar que se lle está facturando correctamente para evitar unha situación coma a que está a suceder coa facturación das administracións públicas.
Solicitar do concello que canalice as posibles reclamacións na facturación ao Servizo de Consumo.
Solicitarlle á Xunta de Galicia, que a través da Consellería de Economía e Industria que adopte as medidas necesarias, a fin de revisar a facturación a concellos, empresas e particulares, das empresas eléctricas que operan en Galicia, e resolver o que proceda, no caso de constatar importes indebidos por enerxía reactiva. E se for o caso, esixirlle que procedan á refacturación inmediata e á devolución íntegra do indebidamente cobrado.
Instar á FEGAMP a que se pronuncie a respecto das facturación indebidas aos concellos por enerxía reactiva e que poña a disposición do conxunto de concellos afectados en Galicia os medios técnicos e xurídicos necesarios para realizar as oportunas reclamación xudiciais, no caso de que as eléctricas non accedan a reintegrar a totalidade das cantidades facturadas de xeito indebido.


En Oroso a 10 de setembro de 2014.


Asdo. Manuel Siverio Mirás Liñares.



AO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE OROSO

No hay comentarios:

Publicar un comentario