MOCIÓN RELATIVA Á REVISIÓN DAS PONENCIAS DE VALORES CATASTRAIS
Manuel Siverio
Mirás Liñares, en calidade de concelleiro da Corporación de Oroso ao abeiro do disposto
na Lei de Bases de Réxime Local e nos regulamentos que a desenvolven, presento para
o próximo pleno Ordinario da Corporación do Concello de Oroso a seguinte MOCIÓN:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O pasado 30 de maio
de 2014 o Tribunal Supremo da Sala do Contencioso dicta sentenza, que afecta a
tódolos concellos do Estado, e que indica que os propietarios de terreos
considerados nos Plan Xerais Municipais como urbanizables e que, pola súa
propia definición aínda non son urbanos porque non foron sometidos a obras de
urbanización, non pagarán o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de naturaza urbana,
senón rústica.
Actualmente o
Concello de Oroso non fai distinción para o cobro do IBI entre terreos urbanos
e urbanizables, considerando ambos como urbanos. Por isto moitas parcelas do
concello calificadas como urbanizables no PXOM que non contan con accesos, auga,
saneamento ou rede eléctrica e xeralmente adicadas a labores agropecuarias, sen
edificacións, grávanse cun IBI urbano equivalente ao dun solar que estea listo
para edificar.
Procede, por tanto,
que en aplicación da doctrina do Tribunal Supremo se proceda a revisar de
oficio as Ponencias de Valores, así como a modificación da propia normativa
legal ao respecto.(Lei do Catastro Inmobiliario, art. 7.2).
Modificación ámbas
que, ao facerse efectivas, repercutirán na recadación impositiva municipal (en
especial no IBI, pero tamén no Imposto de Incremento de Valor dos terreos de
naturaleza urbana), razón pola cal resulta obrigada a súa compensación
económica mediante o incremento da aportación estatal á facenda municipal a
través da participación nos ingresos do Estado.
Por todo o exposto
anteriormente é polo que solicito do Pleno da Corporación municipal a adopción
dos seguintes:
ACORDOS:
1.- O Concello de
Oroso insta ao Ministerio de Facenda-Dirección Xeral do Catastro á revisión de
oficio das Ponencias de Valores, tanto das aprobadas como das en trámite, para
axustar a clasificación catastral á doctrina contida na STS de 30 de maio de 2014.
2.- O Concello de Oroso insta
ao Goberno do Estado á
modificación da Lei do Catastro Inmobiliario (RDL 1/2004) aos efectos de excluir do art. 7.2 os terreos clasificados
como urbanizables mentres non conten con instrumento de planeamento de
ordenación detallada.
3.- O Concello de Oroso insta ao
Ministerio de Facenda á compensación económica aos concellos da perda de recadación
como consecuencia da aplicación efectiva das medidas anteriores.
En Oroso a 10 de
setembro de 2014.
Asdo.: Manuel
Siverio Mirás Liñares.
AO SR. ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE
OROSO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario