martes, 7 de octubre de 2014

O PSOE de Oroso vota en contra de facer unha revisión para comprobar o posible fraude na facturación eléctrica. (explicacións na moción)


            MOCIÓN PARA A REVISIÓN DA FACTURACIÓN ELÉCTRICA                                                                     

D. Manuel Siverio Mirás Liñares, en calidade de concelleiro da Corporación de Oroso ao abeiro do disposto na Lei de Bases de Réxime Local e nos regulamentos que a desenvolven, presento para o próximo Pleno Ordinario da Corporación do Concello de Oroso a seguinte MOCIÓN:


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Na data de 17 de marzo do presente ano, foi denunciada públicamente a facturación fraudulenta de Gas Natural Fenosa a concellos Galegos, por enerxía reactiva no alumeado público, con contratos de tarifa simple de baixa tensión, do tipo 2.0 DHA, con discriminación horaria.

Despois do recoñecemento da facturación ilegal ao Concello de Vilar de Santos por parte de Gas Natural Fenosa e de que o Servizo de Consumo da Xunta de Galicia iniciara un expediente sancionador contra esta empresa energética, a raíz da denuncia previa formulada polo devandito Concello de Vilar de Santos, pensamos que é procedente que todos, administracións públicas e particulares, revisen as súas facturas, pero tamén é o momento de que os organismos reguladores e os encargados de velar porque se cumpra a legalidade vixente, actúen para que as empresas energéticas deixen de inmediato de cometer este fraude, e ao mesmo tempo reintegren a totalidade das cantidades cobradas de xeito indebido.

A normativa aplicable á materia é o Real Decreto 1164/2001, do 26 de outubro, polo que se establecen tarifas de acceso ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica. Tamén se debe ter presente o Artigo 1966 do Código Civil, ao establecer que deberán de revisarse, polo menos, todas as facturas emitidas durante os cinco últimos anos completos.

Tendo en conta que o Concello de Oroso pode estar tamén afectado por esta práctica de facturación fraudulenta levada a cabo desde o ano 2001 polas empresas enerxéticas e que a factura eléctrica é unha das principias partidas de gasto que ten que afrontar o noso concello, é polo que o grupo municipal do Partido Galeguista Demócrata, solicita do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes,

ACORDOS

Instar ao grupo de goberno a proceder á revisión de toda a facturación eléctrica, principalmente a do alumeado público con contratos de tarifa simple de baixa tensión con discriminación horaria, cando menos dos últimos cinco anos, para comprobar si é correcta.
Instar ao grupo de goberno a que esixa ao Servizo de Consumo da Xunta Galicia que realice un control na facturación, realizando unha mostraxe da facturación efectuada nos últimos cinco anos a particulares e empresas do noso concello, a fin de comprobar que se lle está facturando correctamente para evitar unha situación coma a que está a suceder coa facturación das administracións públicas.
Solicitar do concello que canalice as posibles reclamacións na facturación ao Servizo de Consumo.
Solicitarlle á Xunta de Galicia, que a través da Consellería de Economía e Industria que adopte as medidas necesarias, a fin de revisar a facturación a concellos, empresas e particulares, das empresas eléctricas que operan en Galicia, e resolver o que proceda, no caso de constatar importes indebidos por enerxía reactiva. E se for o caso, esixirlle que procedan á refacturación inmediata e á devolución íntegra do indebidamente cobrado.
Instar á FEGAMP a que se pronuncie a respecto das facturación indebidas aos concellos por enerxía reactiva e que poña a disposición do conxunto de concellos afectados en Galicia os medios técnicos e xurídicos necesarios para realizar as oportunas reclamación xudiciais, no caso de que as eléctricas non accedan a reintegrar a totalidade das cantidades facturadas de xeito indebido.


En Oroso a 10 de setembro de 2014.


Asdo. Manuel Siverio Mirás Liñares.



AO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE OROSO

No último pleno ordinario, siverio presenta esta moción para que o concello deixe de cobrar a contribución ibi irregularmente ós seus veciños. As razón explícoas na moción tendo en conta que incomprensiblemente o PSOE e o PP votaron en contra.


MOCIÓN RELATIVA Á REVISIÓN DAS PONENCIAS DE VALORES CATASTRAIS

Manuel Siverio Mirás Liñares, en calidade de concelleiro da Corporación de Oroso ao abeiro do disposto na Lei de Bases de Réxime Local e nos regulamentos que a desenvolven, presento para o próximo pleno Ordinario da Corporación do Concello de Oroso a seguinte MOCIÓN:


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O pasado 30 de maio de 2014 o Tribunal Supremo da Sala do Contencioso dicta sentenza, que afecta a tódolos concellos do Estado, e que indica que os propietarios de terreos considerados nos Plan Xerais Municipais como urbanizables e que, pola súa propia definición aínda non son urbanos porque non foron sometidos a obras de urbanización, non pagarán o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de naturaza urbana, senón rústica.

Actualmente o Concello de Oroso non fai distinción para o cobro do IBI entre terreos urbanos e urbanizables, considerando ambos como urbanos. Por isto moitas parcelas do concello calificadas como urbanizables no PXOM que non contan con accesos, auga, saneamento ou rede eléctrica e xeralmente adicadas a labores agropecuarias, sen edificacións, grávanse cun IBI urbano equivalente ao dun solar que estea listo para edificar.

Procede, por tanto, que en aplicación da doctrina do Tribunal Supremo se proceda a revisar de oficio as Ponencias de Valores, así como a modificación da propia normativa legal ao respecto.(Lei do Catastro Inmobiliario, art. 7.2).

Modificación ámbas que, ao facerse efectivas, repercutirán na recadación impositiva municipal (en especial no IBI, pero tamén no Imposto de Incremento de Valor dos terreos de naturaleza urbana), razón pola cal resulta obrigada a súa compensación económica mediante o incremento da aportación estatal á facenda municipal a través da participación nos ingresos do Estado.

Por todo o exposto anteriormente é polo que solicito do Pleno da Corporación municipal a adopción dos seguintes:

ACORDOS:

1.- O Concello de Oroso insta ao Ministerio de Facenda-Dirección Xeral do Catastro á revisión de oficio das Ponencias de Valores, tanto das aprobadas como das en trámite, para axustar a clasificación catastral á doctrina contida na STS de 30 de maio de 2014.        

2.- O Concello de Oroso  insta  ao  Goberno do Estado á modificación da Lei do Catastro Inmobiliario (RDL 1/2004) aos efectos de  excluir do art. 7.2 os terreos clasificados como urbanizables mentres non conten con instrumento de planeamento de ordenación detallada.

3.- O Concello de Oroso insta ao Ministerio de Facenda á compensación económica aos concellos da perda de recadación como consecuencia da aplicación efectiva das medidas anteriores.



En Oroso a 10 de setembro de 2014.


Asdo.: Manuel Siverio Mirás Liñares.



AO SR. ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE OROSO.

Un exemplo da política que practica este alcalde.

En Sigüeiro están sen Licencia de 1ª Ocupación a metade dos edificios. Quen comprou de boa fe estas vivendas son os que pagan as consecuencias. Si, por exemplo se produce un incendio ou unha explosión de gas, as compañías aseguradoras poden desentenderse legalmente da súa responsabilidade e non cubrir os danos. Para vendelas tamén supón un problema como é o caso de esta veciña como podedes ver a continuación nesta publicación de abaixo:

Escaneo da nova no xornal "Terras de Santiago" Link a noticia en "El Correo Gallego"

A obsesión do alcalde contra Siverio. Quen acosa a quen? Siverio da conta con feitos demostrables e o alcalde acusa sempre con falsedades.

O Excmo. Sr Alcalde de Oroso pensou apartar a Siverio da política e taparlle a boca cunha campaña de denucias e acusacións falsas e infames co propósito de desprestixalo.
Aquí podedes ver as denucias contra Siverio:

No mes de marzo de 2007 presentou unha conciliación co obxectivo de intimidarme para que non lle contara aos cidadáns a política de clientelismo que o caracteriza. Como non me doblegou, en decembro do mesmo ano presenta unha denuncia por “inxurias e calumnias”, pedídome unha fianza de nada menos que 60.000euros. Este xuízo perdeuno tendo que pagar as costas e sen posibilidade de interponer recurso contra dita sentencia.

No ano 2010 presentou outra denuncia tamén por “inxurias e calumnias” pero de esta vez pedía 6000 euros de fianza. Este xuízo tamén o perdeu.

Aínda non conforme, no ano 2012 presenta un xuízo de faltas que se celebrou en febreiro deste ano 2014. O cal tamén perdeu.

Novamente non asumindo tampouco esta última sentenza, que podedes ver/descargar aquí, recurriu ante a Audiencia Provincial da Coruña. E, o día 12 de setembro deste mes pasado a Audiencia desestímalle éste último sen darlle pe a que poida recurrir.
· Aporto copia deste última Sentenza para información xeral dos cidadáns e como demostración de quen acosa realmente a quen e como o Alcalde terxiversa a realidade dos feitos con empacho e descaro como fixo no último Boletín Socialista de Oroso.

E, en breve darei resposta punto por punto ás falsas acusacións do Alcalde no Boletín Socialista


viernes, 1 de agosto de 2014

A xestión do alcalde de Oroso leva ó peche o Campo de Golf de Porto-Avieira

A Xunta de Galicia obliga ó Concello de Oroso a pechalo Campo de golf de Porto Avieira. 
¿Sabes o motivo?

Se non eres "amigo" do alcalde, o Concello de Oroso esixe o máximo ainda que sexa para construcción de un caseto para o can....................agora.............como sexas do seu bando (clientelismo) non terás ningún problema en obter unha licencia que non se adpta a lei tal como sucede neste caso.


htthttp://golfypitchandputt.blogspot.com.es/2014/08/malos-tiempos-para-el-pitch-and-putt.html

viernes, 25 de abril de 2014

A impugnidade existente no concello de oroso.

En Galicia resulta increíble que o Concello de Oroso non fora intervido pola suposta corrupción política e o oscurantismo na xestión municipal, con irregularidades postas de manifesto polo Interventor Municipal na contratación de obras e de persoal. Expoño algún exemplo de moitos que hai:

1º No ano 2003 o Alcalde de Oroso contrata coa empresa Aquagest, S.A. a concesión de subministro de auga e alcantarillado por un período de 20 anos polo importe de 913.000 euros, cando a empresa Espina y Delfín nas mesmas condicións pagaba 953.000 euros, poñía as tarifas máis baratas e ofrecía mellores servicios. Sen embargo Aguagest, S.A. fixo o pago mediante a realización de varias obras sobrevaloradas, pois o coste normal posiblemente non supoñía nen a metade dos 913.000 euros. Ata día de hoxe o Alcalde realizou varios contratos de obras con Aquagest, S.A., sen concurso público e infrinxindo así a Lei de Contratos das Administracións Públicas.

2º Na construción do campo de fútbol de herba artificial de Sigüeiro- Oroso, o señor Alcalde, contrata a dirección da obra a un arquitecto amigo e socio del en varias promotoras por un importe de 8.000 euros. Despois este arquitecto fai unha medición de obra ilegal, tal como reflexa no seu informe o Interventor Municipal, polo importe de 30.118 euros, cando no Concello de Oroso temos un arquitecto municipal que debería levar él a dirección, namentras que este último  en realidade ven levando a dirección de varias obras particulares a sabendas do señor Alcalde.
En definitiva é clamorosa a adxudicación da obra á empresa MONDOIBÉRICA S.A. por importe de 333.719.14 euros e a posterior liquidación complementaria da obra con certificación adicional de obra e factura desta empresa por importe de 30.118,89 euros, derivado de un modificado de obra sen seguer o procedemento legalmente establecido, desoíndo a advertencia de ilegalidade da Intervención Municipal, e 5.000 euros máis de xuros de mora derivada do retraso do pago da factura.

3º Co primeiro fondo estatal, o Concello de Oroso contratou as obras do Polideportivo de Sigüeiro. A empresa COPCISA de Cataluña foi contratada a dedo por un precio superior ao dado por dúas empresas galegas, as cales facían a obra por un total de 67.000 euros menos, e os proxectos e a dirección das obras contratáronse tamén a dedo a técnicos particulares cando o podían facer os técnicos municipais.

Todas estas ilegalidades mencionadas, entre outras, foron postas a disposición de organismos e autoridades que tiñan o deber de actuar esixindo a reposición da legalidade e, sen embargo, na actualidade continúan impunes.