En Galicia resulta increíble que o Concello de Oroso non fora intervido pola suposta corrupción política e o oscurantismo na xestión municipal, con irregularidades postas de manifesto polo Interventor Municipal na contratación de obras e de persoal. Expoño algún exemplo de moitos que hai:
1º No ano 2003 o Alcalde de Oroso contrata coa empresa Aquagest, S.A. a concesión de subministro de auga e alcantarillado por un período de 20 anos polo importe de 913.000 euros, cando a empresa Espina y Delfín nas mesmas condicións pagaba 953.000 euros, poñía as tarifas máis baratas e ofrecía mellores servicios. Sen embargo Aguagest, S.A. fixo o pago mediante a realización de varias obras sobrevaloradas, pois o coste normal posiblemente non supoñía nen a metade dos 913.000 euros. Ata día de hoxe o Alcalde realizou varios contratos de obras con Aquagest, S.A., sen concurso público e infrinxindo así a Lei de Contratos das Administracións Públicas.
2º Na construción do campo de fútbol de herba artificial de Sigüeiro- Oroso, o señor Alcalde, contrata a dirección da obra a un arquitecto amigo e socio del en varias promotoras por un importe de 8.000 euros. Despois este arquitecto fai unha medición de obra ilegal, tal como reflexa no seu informe o Interventor Municipal, polo importe de 30.118 euros, cando no Concello de Oroso temos un arquitecto municipal que debería levar él a dirección, namentras que este último en realidade ven levando a dirección de varias obras particulares a sabendas do señor Alcalde.
En definitiva é clamorosa a adxudicación da obra á empresa MONDOIBÉRICA S.A. por importe de 333.719.14 euros e a posterior liquidación complementaria da obra con certificación adicional de obra e factura desta empresa por importe de 30.118,89 euros, derivado de un modificado de obra sen seguer o procedemento legalmente establecido, desoíndo a advertencia de ilegalidade da Intervención Municipal, e 5.000 euros máis de xuros de mora derivada do retraso do pago da factura.
3º Co primeiro fondo estatal, o Concello de Oroso contratou as obras do Polideportivo de Sigüeiro. A empresa COPCISA de Cataluña foi contratada a dedo por un precio superior ao dado por dúas empresas galegas, as cales facían a obra por un total de 67.000 euros menos, e os proxectos e a dirección das obras contratáronse tamén a dedo a técnicos particulares cando o podían facer os técnicos municipais.
Todas estas ilegalidades mencionadas, entre outras, foron postas a disposición de organismos e autoridades que tiñan o deber de actuar esixindo a reposición da legalidade e, sen embargo, na actualidade continúan impunes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario