COMO SE GOBERNOU O CONCELLO DE OROSO NOS ULTIMOS 12 ANOS
O 5 de Abril de 2014, fixo 12 anos da moción de censura que rompeu o pacto antitransfuguismo. A continuación enumero alguns dos incumplimentos máis siginificativos.
- O Concello de Oroso está sufrindo a incompetencia do Alcalde que en doce
anos foi incapaz de dar solución a unha serie de carencias que producen o caos
que existe na política municipal.
- Non foi quen de democratizar a xestión administrativa e a política
municipal, administrando o Concello como se fose a súa casa particular, con
métodos antidemocráticos e con un clientelismo descarado.
- Aos membros da Oposición negounos a documentación á que tiñamos dereito
como membros da oposición unha e outra vez, autoritariamente e cun desprezo
total. En doce anos non chegou a convocar unha soa xuntanza de voceiros dos
grupos políticos.
- Rexeitou practicamente tódalas iniciativas que presentamos os membros da
oposición, chegou a realizar aprobacións e liquidacións de Orzamentos
contrarios á Lei, e mesmo aos informes da propia Intervención Municipal.
- Ademais de romper o pacto antitransfuguismo na moción de censura, ten
metido ao Concello en Procedementos Xudiciais por presunto casos de corrupción.
- Non conseguiu retirar a antena de telefonía móbil do recinto da Gardería
Infantil.
- Non conseguiu aínda a construción dunha piscina cuberta e climatizada.
- Segue sen conseguirse un Centro para a 3ª Idade e o transporte para os
que non teñen medios.
- Oroso perdeu o 112 pola súa soberbia a prepotencia.
- Foi incapaz de conseguir que a maioría dos cidadáns que mercaron vivendas
en Sigüeiro e Portoavieira teñan Licencia de 1ª Ocupación.
- Nin sequera intentou iniciar o expediente para a consecución dunha
Notaría en Sigüeiro- Oroso.
- Non desenvolveu os Sectores Urbanísticos e o cumprimento dos convenios
urbanísticos que hai máis de 5 anos que prescribiron.
- Non conseguiu o desenvolvemento do Polígono AR – sector 10- San Martiño
de Oroso, pero si que conseguiu que os propietarios teñan que pagar o IBI das
súas parcelan sen poder dispoñer delas.
- Continuamos sen a cobertura de acceso a Internet na maioría das
parroquias do Concello.
- O Concello de Oroso non pode ter esquecido sen o mantemento e coidado
apropiado dun ben tan prezado que temos como é o Río Tambre, e que realmente
non teñen potenciado como deberan, por exemplo coa creación dunha praia fluvial
e a recuperación da Illa do Refuxio, o mantemento das marxes do Río ou a construción
dun paseo dende o Portiño en Sigüeiro ata Portoavieira para promocionar o noso
concello e o turismo.
Despois de mencionar distintas carencias e incumprimentos na súa xestión, o
Partido Galeguista recoñece a importante labor con respecto aos ámbitos
deportivo e cultural desenrolado no concello… a pesar de que esta boa xestión
pode ser utilizada para encubrir a mala xestión e carencias nos demais ámbitos.
En resumo, nestes 12 anos de goberno, os Orzamentos manexados e a dispor do
Concello de Oroso foron:
Ano 2003 2.403.504,00 euros
Ano 2004 2.750.902,00 euros
Ano 2005 3.373.632,00 euros
Ano 2006 5.733.152,00 euros
Ano 2007 7.545.856,00 euros
Ano 2008 11.941.514,41 euros
Ano 2009 19.189.081,00 euros
Ano 2010 16.074.805,00 euros
Ano 2011 14.606.504,21 euros
Ano 2012 14.818.436,94 euros
Ano 2013 4.875.426,78
euros
TOTAL 103.312.832,34 EUROS (mais de 17.189 millóns de pesetas!!!)
Ben, pois a pesar de manexar tales cantidades de diñeiro, o Concello de
Oroso a día de hoxe aínda debe en préstamos e pendentes de pago unha cantidade
aproximada de 2.000.000,00 de euros e
continuamos coas carencias mencionadas anteriormente.
Si o sr. Alcalde ou calquera outro membro do seu equipo de goberno queren
desmentir estas afirmacións, que o publiquen coa transparencia democrática
debida na páxina web do Concello e punto por punto, como fai o Partido
Galeguista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario