Hola a todas e todos. Fai moito que non escribo nada no blog, pero a ocasión creo que o merece, anque estou seguro que algúns de vos me seguides en Facebook.
En primeiro lugar deixovos un link da noticia coa transcripción da entrevista feita por Radio Obradoiro e publicada en El Correo Gallego, a Manuel Mirás Franqueira (Alcalde de Oroso, de momento ...)
Quero dar a miña resposta ao titular de "A oposición en Oroso quere cobrar sen aparecer polo concello"
O “Excelentísimo Señor” Alcalde de Oroso, na Aprobación dos Presupostos deste ano 2014, ademais de negarnos a documentación que nos correspondía aos concelleiros da Oposición e faltarnos ó respeto insultándonos gravemente, aínda osou mentir nos medios de comunicación con falsedades como que os concelleiros da oposición somos os mellor pagados de Galicia xa que cobramos entre 300 e 500 euros ó mes.
Para aclarar definitivamente e non deixar lugar a dúbidas, Siverio fai públicas as retribucións totais recibidas por asistencias a Plenos e Comisións no ano, 2013, que foron a cantidade de 2040 euros (o que ven sendo mensualmente 170 euros). En contraposición o Señor Alcalde recibiu no mesmo período 35.250,11 euros por DEDICACIÓN PARCIAL DE 80 horas ó mes e dietas (o que ven sendo mensualmente 2.937,50 euros)
O Señor Alcalde autodefínese coas súas actuacións e falsedades, e coa costume de declaracións parciais, sen demostración das súas manifestacións.
Estes feitos falan por sí sos, xa que si predicara co exemplo non tería problema en ao mesmo tempo de facer estas declaracións, publicar na páxina web do Concello diversos documentos acreditativos de todo o que di… tal como os presupostos cos seus respectivos informes, as Actas dos Plenos, as Actas das Comisións de Goberno, os Decretos e Resolucións da Alcaldía, e como neste caso mencionado no parágrafo anterior, as cantidades que cobra cada un dos membros da Corporación anualmente.
Poderíamos seguir decíndolle ao Señor Alcalde que exerza a transparencia democrática que debera e non exerce, ademais do mencionado, por exemplo, publicando como se contratan as obras e o persoal, como o Alcalde cobrou a paga de navidade e os funcionarios non, ou como será posible que o Concello teña saldadas as súas débedas no ano 2015, tal como declarou tamén nos medios de comunicación, cando ten contratados préstamos bancarios que rematan no ano 2025, ou como só neste ano o Concello ten que pagar de intereses e amortizacións de préstamos case 300.000 euros
Para que vexades as contas claras aporto copia das retribucións de tódolos membros da corporación municipal, e copia da situación dos préstamos do Concello de Oroso a 31-12-2013. A estas cifras débese engadir o resto de pagamentos pendentes na mesma data, co que deuda toal, aproximase os dous millóns de euros.
(clic nas imaxes para ampliar)
(clic nas imaxes para ampliar)
No hay comentarios:
Publicar un comentario