viernes, 25 de abril de 2014

A impugnidade existente no concello de oroso.

En Galicia resulta increíble que o Concello de Oroso non fora intervido pola suposta corrupción política e o oscurantismo na xestión municipal, con irregularidades postas de manifesto polo Interventor Municipal na contratación de obras e de persoal. Expoño algún exemplo de moitos que hai:

1º No ano 2003 o Alcalde de Oroso contrata coa empresa Aquagest, S.A. a concesión de subministro de auga e alcantarillado por un período de 20 anos polo importe de 913.000 euros, cando a empresa Espina y Delfín nas mesmas condicións pagaba 953.000 euros, poñía as tarifas máis baratas e ofrecía mellores servicios. Sen embargo Aguagest, S.A. fixo o pago mediante a realización de varias obras sobrevaloradas, pois o coste normal posiblemente non supoñía nen a metade dos 913.000 euros. Ata día de hoxe o Alcalde realizou varios contratos de obras con Aquagest, S.A., sen concurso público e infrinxindo así a Lei de Contratos das Administracións Públicas.

2º Na construción do campo de fútbol de herba artificial de Sigüeiro- Oroso, o señor Alcalde, contrata a dirección da obra a un arquitecto amigo e socio del en varias promotoras por un importe de 8.000 euros. Despois este arquitecto fai unha medición de obra ilegal, tal como reflexa no seu informe o Interventor Municipal, polo importe de 30.118 euros, cando no Concello de Oroso temos un arquitecto municipal que debería levar él a dirección, namentras que este último  en realidade ven levando a dirección de varias obras particulares a sabendas do señor Alcalde.
En definitiva é clamorosa a adxudicación da obra á empresa MONDOIBÉRICA S.A. por importe de 333.719.14 euros e a posterior liquidación complementaria da obra con certificación adicional de obra e factura desta empresa por importe de 30.118,89 euros, derivado de un modificado de obra sen seguer o procedemento legalmente establecido, desoíndo a advertencia de ilegalidade da Intervención Municipal, e 5.000 euros máis de xuros de mora derivada do retraso do pago da factura.

3º Co primeiro fondo estatal, o Concello de Oroso contratou as obras do Polideportivo de Sigüeiro. A empresa COPCISA de Cataluña foi contratada a dedo por un precio superior ao dado por dúas empresas galegas, as cales facían a obra por un total de 67.000 euros menos, e os proxectos e a dirección das obras contratáronse tamén a dedo a técnicos particulares cando o podían facer os técnicos municipais.

Todas estas ilegalidades mencionadas, entre outras, foron postas a disposición de organismos e autoridades que tiñan o deber de actuar esixindo a reposición da legalidade e, sen embargo, na actualidade continúan impunes.

lunes, 21 de abril de 2014

12 Anos da moción de censura que rompeu o pacto antitransfuguismo.


COMO SE GOBERNOU O CONCELLO DE OROSO NOS ULTIMOS 12 ANOS

O 5 de Abril de 2014, fixo 12 anos da moción de censura que rompeu o pacto antitransfuguismo. A continuación enumero alguns dos incumplimentos máis siginificativos.

- O Concello de Oroso está sufrindo a incompetencia do Alcalde que en doce anos foi incapaz de dar solución a unha serie de carencias que producen o caos que existe na política municipal.

- Non foi quen de democratizar a xestión administrativa e a política municipal, administrando o Concello como se fose a súa casa particular, con métodos antidemocráticos e con un clientelismo descarado.

- Aos membros da Oposición negounos a documentación á que tiñamos dereito como membros da oposición unha e outra vez, autoritariamente e cun desprezo total. En doce anos non chegou a convocar unha soa xuntanza de voceiros dos grupos políticos.

- Rexeitou practicamente tódalas iniciativas que presentamos os membros da oposición, chegou a realizar aprobacións e liquidacións de Orzamentos contrarios á Lei, e mesmo aos informes da propia Intervención Municipal.

- Ademais de romper o pacto antitransfuguismo na moción de censura, ten metido ao Concello en Procedementos Xudiciais por presunto casos de corrupción.

- Non conseguiu retirar a antena de telefonía móbil do recinto da Gardería Infantil.

- Non conseguiu aínda a construción dunha piscina cuberta e climatizada.

- Segue sen conseguirse un Centro para a 3ª Idade e o transporte para os que non teñen medios.

- Oroso perdeu o 112 pola súa soberbia a prepotencia.

- Foi incapaz de conseguir que a maioría dos cidadáns que mercaron vivendas en Sigüeiro e Portoavieira teñan Licencia de 1ª Ocupación.

- Nin sequera intentou iniciar o expediente para a consecución dunha Notaría en Sigüeiro- Oroso.

- Non desenvolveu os Sectores Urbanísticos e o cumprimento dos convenios urbanísticos que hai máis de 5 anos que prescribiron.

- Non conseguiu o desenvolvemento do Polígono AR – sector 10- San Martiño de Oroso, pero si que conseguiu que os propietarios teñan que pagar o IBI das súas parcelan sen poder dispoñer delas.

- Continuamos sen a cobertura de acceso a Internet na maioría das parroquias do Concello.

- O Concello de Oroso non pode ter esquecido sen o mantemento e coidado apropiado dun ben tan prezado que temos como é o Río Tambre, e que realmente non teñen potenciado como deberan, por exemplo coa creación dunha praia fluvial e a recuperación da Illa do Refuxio, o mantemento das marxes do Río ou a construción dun paseo dende o Portiño en Sigüeiro ata Portoavieira para promocionar o noso concello e o turismo.

Despois de mencionar distintas carencias e incumprimentos na súa xestión, o Partido Galeguista recoñece a importante labor con respecto aos ámbitos deportivo e cultural desenrolado no concello… a pesar de que esta boa xestión pode ser utilizada para encubrir a mala xestión e carencias nos demais ámbitos.

En resumo, nestes 12 anos de goberno, os Orzamentos manexados e a dispor do Concello de Oroso foron:

Ano 2003          2.403.504,00 euros
Ano 2004          2.750.902,00 euros
Ano 2005          3.373.632,00 euros
Ano 2006          5.733.152,00 euros
Ano 2007          7.545.856,00 euros
Ano 2008        11.941.514,41 euros
Ano 2009        19.189.081,00 euros
Ano 2010        16.074.805,00 euros
Ano 2011        14.606.504,21 euros
Ano 2012        14.818.436,94 euros
Ano 2013          4.875.426,78 euros

TOTAL           103.312.832,34 EUROS  (mais de 17.189 millóns de pesetas!!!)


Ben, pois a pesar de manexar tales cantidades de diñeiro, o Concello de Oroso a día de hoxe aínda debe en préstamos e pendentes de pago unha cantidade aproximada de  2.000.000,00 de euros e continuamos coas carencias mencionadas anteriormente.


Si o sr. Alcalde ou calquera outro membro do seu equipo de goberno queren desmentir estas afirmacións, que o publiquen coa transparencia democrática debida na páxina web do Concello e punto por punto, como fai o Partido Galeguista.

miércoles, 2 de abril de 2014

O Alcalde de Oroso terxiversa a realidade.

Hola a todas e todos. Fai moito que non escribo nada no blog, pero a ocasión creo que o merece, anque estou seguro que algúns de vos me seguides en Facebook.

En primeiro lugar deixovos un link da noticia coa transcripción da entrevista feita por Radio Obradoiro e publicada en El Correo Gallego, a Manuel Mirás Franqueira (Alcalde de Oroso, de momento ...)

Quero dar a miña resposta ao titular de "A oposición en Oroso quere cobrar sen aparecer polo concello"

O “Excelentísimo Señor” Alcalde de Oroso, na Aprobación dos Presupostos deste ano 2014, ademais de negarnos a documentación que nos correspondía aos concelleiros da Oposición e faltarnos ó respeto insultándonos gravemente, aínda osou mentir nos medios de comunicación con falsedades como que os concelleiros da oposición somos os mellor pagados de Galicia xa que cobramos entre 300 e 500 euros ó mes.

Para aclarar definitivamente e non deixar lugar a dúbidas, Siverio fai públicas as retribucións totais recibidas por asistencias a Plenos e Comisións no ano, 2013, que foron a cantidade de 2040 euros (o que ven sendo mensualmente 170 euros). En contraposición o Señor Alcalde recibiu no mesmo período 35.250,11 euros por DEDICACIÓN PARCIAL DE  80 horas ó mes e dietas (o que ven sendo mensualmente 2.937,50 euros)

O Señor Alcalde autodefínese coas súas actuacións e falsedades, e coa costume de declaracións parciais, sen demostración das súas manifestacións. 
Estes feitos falan por sí sos, xa que si predicara co exemplo non tería problema en ao mesmo tempo de facer estas declaracións, publicar na páxina web do Concello diversos documentos acreditativos de todo o que di… tal como os presupostos cos seus respectivos informes, as Actas dos Plenos, as Actas das Comisións de Goberno, os Decretos e Resolucións da Alcaldía, e como neste caso mencionado no parágrafo anterior, as cantidades que cobra cada un dos membros da Corporación anualmente.

Poderíamos seguir decíndolle ao Señor Alcalde que exerza a transparencia democrática que debera e non exerce, ademais do mencionado,  por exemplo, publicando como se contratan as obras e o persoal, como o Alcalde cobrou a paga de navidade e os funcionarios non, ou como será posible que o Concello teña saldadas as súas débedas no ano 2015, tal como declarou tamén nos medios de comunicación, cando ten contratados préstamos bancarios que rematan no ano 2025, ou como só neste ano o Concello ten que pagar de intereses e amortizacións de préstamos case 300.000 euros

Para que vexades as contas claras aporto copia das retribucións de tódolos membros da corporación municipal, e copia da situación dos préstamos do Concello de Oroso a 31-12-2013. A estas cifras débese engadir o  resto de pagamentos pendentes na mesma data, co que deuda toal, aproximase os dous millóns de euros.

(clic nas imaxes para ampliar)