domingo, 27 de marzo de 2011

Primeiro Voceiro do Partido Galeguista. Infomando da situación política municipal.

Presentamos o primeiro vocerio do Partido Galegista de Oroso, que data do 1 de Marzo do 2011,  informando da situación da política municipal. Para eso deixamos a continuación un link para a visualización do mesmo:

Pincha aquí para previsualizalo                                   Pincha aquí para descargalo

viernes, 21 de enero de 2011

NOTA DE PRENSA

Manuel Siverio Mirás Liñares, Concelleiro – portavoz do Partido Galeguista de Oroso informa que o goberno municipal de Oroso, composto polo bipartito BNG – PSOE, aprobou o día 18 deste mes os presupostos municipais para o ano 2011, coa ausencia dos 2 concelleiros e 2 concelleiras da Oposición por non respetar os nosos dereitos como membros da mesma, privándonos antidemocráticamente da entrega da documentación que por lei nos pertence co fin de encubrir as súas cacicadas e ilegalidades.

Primeiramente aprobaron facturas de recoñecemento extraxudicial de crédito co informe de Intervención en contra, unha destas facturas de 19.991,88 euros por acondicionamento e carpintería interior da sala de exposicións do Centro Cultural, cando nesta sala non se realizou ningún tipo de traballo de carpintería. Outra factura de 10.217,82 euros a unha arquitecta particular cando o arquitecto municipal co coñecemento do Alcalde está realizando proxectos ou dirección de obras particulares.

Estos presupostos contemplan o pago de intereses e amortizacións para o ano 2011 de 345.502,00 euros, é decir, o Concello terá que pagar diariamente 946,58 euros sin contar o resultado do exercicio do 2010 que non é pequeno, e outros préstamos con carencia que non se contan.

Polo imposto de vehículos no ano 2010 o Concello cobrou 313.482,00 euros e para o 2011 coa subida cobrará 339.605,00 euros. No IBI rústica cobrou no 2010 a cantidade de 48.403,00 euros e para o ano 2011 ten previsto cobrar coa subida a cantidade de 60.677,00 euros. En canto ao IBI urbana cobrou no 2010 673.117,00 euros e para o ano 2011, coa subida, cobrará 766.312,00 euros.

Nestes presupostos aprobaron unha partida de 407.723,00 euros para finalizar a urbanización de Porto Avieira 2ª fase, cando quen tiña que realizar esta obra era a promotora.

Inclúen nestes presupostos 9.281.200,00 euros para a ordenación do polígono 10 de Oroso, cando o levan xa incluindo nos catro últimos presupostos. Inflan os presupostos para baixar a porcentaxe de débeda.

Por último decir que a situación política e económica do Concello de Oroso é demencial. Pese á crisis existente continúan subindo os impostos facendo así que os cidadáns teñan que pagar a súa mala xestión e soportando o clientelismo, nepotismo e o incumprimento da lei na maioría das contratacións das obras, pasando por alto os numerosos reparos da Intervención municipal na aprobación dos distintos presupostos.


Oroso, 20 de xaneiro de 2011.

Asdo. Manuel Siverio Mirás Liñares.

jueves, 2 de diciembre de 2010

CONSECUENCIAS DA SEGREGACIÓN DA BARCIELA

A illa do Refuxio de Sigüeiro que era do Concello de Oroso, foi regalada ao Concello de Santiago polo traidor da Segregación da Barciela. Este aínda hoxe, lle sigue decindo aos seus “abrazafarolas” que sempre foi de Santiago. Nós para desmontar unha miserable mentira máis deste individuo, presentamos a documentación que demostra que era de Oroso. (véxase máis abaixo). 


A CRUDA REALIDADE DOS PLENOS


O PARTIDO GALEGUISTA de Oroso continua facendo unha oposición coherente e leal cos cidadáns, a pesar de que contra a nosa vontade tivemos que deixar de asistir aos plenos por falta de democracia na xestión do goberno municipal.

Para o pleno do día 18 de novembro de 2010, presentamos un escrito para que constaran en acta as razóns polas que decidimos non asistir ós plenos (adxuntamos copia do mesmo). Dos 6 concelleiros que constituimos a oposición, só asistiron a ese pleno unha concelleira de Terra Galega e outra do PP. Segundo a prensa estas concelleiras criticaron a nosa ausencia aplaudindo ao Alcalde, o cal e sorprendente tendo en conta que os seus compañeiros que xa levan tempo sin asistir ós plenos e nunca xustificaron a súa ausencia aos mesmos.

En tres anos que levamos de lexislatura, entre ambas concelleiras que asistiron a este pleno, só unha delas emitiu unha nota de prensa (adxuntamos copia) na que denunciaba a actitude antidemocrática deste alcalde tránsfuga, que é un especialista en premiar os silencios e as complicidades.

Esperamos que algún día se desmonte a trama caciquil e hipócrita instaurada no Concello de Oroso. 

viernes, 29 de octubre de 2010

COMUNICADO DE PRENSA DO PARTIDO GALEGUISTA DE OROSO

D. Manuel Siverio Mirás Liñares, concelleiro portavoz do Partido Galeguista de Oroso, informa que o goberno municipal de Oroso composto polo bipartito BNG-PSOE, aprobou hoxe en pleno unha subida de tódolos impostos municipais dunha maneira incomprensible e sen ter en conta a crise económica que afecta á maioría dos cidadáns que xa teñen moitas dificultades para chegar a fin de mes.




Esta suba pon trabas na creación de postos de traballo, pasando a licenza de apertura de empresas dos 650 € que costaba aos 2.100, ou no caso do I.B.I que fai 7 anos estaba no 0.20 % e despois de varias subidas, tras esta última pasa ao 0.45%.



Este goberno municipal continúa subindo os impostos polo despilfarro na súa xestión, subsistindo a base de préstamos que teñen sumido ao Concello na ruína económica, con unha débeda encuberta que supera os 4.000.000 de euros, e aínda pretenden seguir mantendo aos seus enchufados a dedo con soldos de máis de 20.000€ ó ano cada un. Entre estes afortunados están o Secretario do Alcalde e a Secretaria do primeiro Teniente de Alcalde, cuxo traballo político consiste en crear confusión entre os cidadáns terxiversando a realidade da política municipal para poder continuar forrándose á costa dos cidadáns, sen importarlles para nada a ética, a honradez e a transparencia que debera rexir na xestión municipal.



Estas son as consecuencias de ter un alcalde tránsfuga e que está imputado en presuntos casos de corrupción que están sen resolver porque a Fiscalía Xeral de Galicia e a Xusticia non cumpliron co seu deber dende hai moitos anos.



Posiblemente chegará o día en que se desmonte o tinglado de corrupción en Oroso tal e como se ven sucedendo ao longo dos últimos anos con casos por todos ben coñecidos. De feito neso estamos nós dende hai tempo e por iso mesmo nos pretenden crucificar.



Para máis información da política municipal aconsellamos visitar o blog de Siverio , http://oroso-siverio.blogspot.com/



Asina





Manuel Siverio Mirás Liñares

miércoles, 18 de agosto de 2010

RESPOSTA Á PUBLICACIÓN FEITA POLA "Agrupación Socialista de Oroso", COMO REACCIÓN Ó NOSO MANIFESTO DO DÍA 4 DE AGOSTO NO CORREO GALEGO

Xa é curioso que remitan un escrito sen a súa sinatura e afirmando que Siverio minte e engana aos cidadáns, pero sen concretar cales son tales mentiras e enganos (claro, asunto escabroso, poñerse a inventar)

Aclarar polo tanto, que Siverio nunca se dirixiu políticamente a esa agrupación con relación á falta de democracia na xestión municipal, porque sabe que non son os responsables directos do que pasa no goberno municipal, e que están pagando as consecuencias de admitir no seu día a quen rompeu o pacto antitransfuguismo e que se atopa imputado como presunto partícipe nunha trama de corrupción dende fai máis de 6 anos.

Nada hai máis certo que o dano que fai a verdade cando se enfrenta a quen non está acostumado a utilizala. E precisamente o que máis lles doe e que Siverio nunca mentiu, insultou nin enganou aos cidadáns, senón que conta a verdade sabendo que quen minte é o goberno municipal para encubrir as súas trampas interesadas. Así pois, imos dar conta dalgunhas das súas mentiras:

MENTIRON cando dixeron que na festa da Troita se deron de 50 a 80 Kilos de troita a cada bar cando en realidade non deron nin unha soa troita.
MENTIRON ao decir que en Portoavieira se contruiría unha piscina cuberta climatizada cando en realidade non hai nin traza dela
MENTIRON dicindo que o 112 viría para Oroso e pola súa deixadez o perderon.
MENTIRON prometendo que gobernarían democráticamente e mal empezaron, negándose a realizar unha auditoria xeral, e mal proseguiron, negándolle reiteradamente o acceso á documentación á que ten dereito por lei a Oposición, poñendo trabas á entrega de fotocopias e non contestando a maioría dos escritos.
MENTIRON ao dicir que o Concello só ten unha fotocopiadora cando en realidade ten máis de media ducia e doce impresoras.
MENTIRON dicindo que o aparcamento do Polígono foi feito segundo o proxecto e procedendo a realizar o seu pago sabendo que é unha chapuza.
MENTIRON ao dicir que o Concello de Oroso práctica a austeridade debido á crise, cando en realidade manteñen ao Secretario do Alcalde e á Secretaria do  1º Teniente de Alcalde cobrando máis de 20.000 € anuais cada un deles.
MENTIRON dicindo que o Concello de Oroso ten unha situación económica boa, cando  en realidade tiveron que aprobar un Plan Económico Financieiro cunha débeda aproximada de máis de 4 millóns de euros e está subsistindo a base de préstamos. Neste referente a modo significativo, podemos mencionar que no mes de marzo tiveron que suscribir un préstamo de 431.000 € e no mes de xullo outros 215.000 € .
E por último, MENTIRON ao decir que a oposición nunca presentou ningunha iniciativa, cando en realidade podemos mencionar entre outras, as seguintes :
-  a contratación dunha auditoría xeral económica e financieira do Concello en base ó informe do Consello de Contas da Xunta de Galicia
- a liberalización do coto de pesca do río Tambre, dende a Ponte Carollo ata o Río Lengüelle
- a entrada e saída da autopista A-9 en Sigüeiro dirección Pontevedra
- a petición ás tres forzas políticas do Parlamento de Galicia, que procedesen a anula-lo plus de altos cargos aprobado na última reforma da Lei de Función Pública… e un largo etcétera

Esto tan só a modo de exemplo e, que por certo, o equipo de goberno votou en contra destas iniciativas, co cal non estaría demais que agora lle explicasen aos cidadáns o porqué.