jueves, 2 de diciembre de 2010

CONSECUENCIAS DA SEGREGACIÓN DA BARCIELA

A illa do Refuxio de Sigüeiro que era do Concello de Oroso, foi regalada ao Concello de Santiago polo traidor da Segregación da Barciela. Este aínda hoxe, lle sigue decindo aos seus “abrazafarolas” que sempre foi de Santiago. Nós para desmontar unha miserable mentira máis deste individuo, presentamos a documentación que demostra que era de Oroso. (véxase máis abaixo). 


A CRUDA REALIDADE DOS PLENOS


O PARTIDO GALEGUISTA de Oroso continua facendo unha oposición coherente e leal cos cidadáns, a pesar de que contra a nosa vontade tivemos que deixar de asistir aos plenos por falta de democracia na xestión do goberno municipal.

Para o pleno do día 18 de novembro de 2010, presentamos un escrito para que constaran en acta as razóns polas que decidimos non asistir ós plenos (adxuntamos copia do mesmo). Dos 6 concelleiros que constituimos a oposición, só asistiron a ese pleno unha concelleira de Terra Galega e outra do PP. Segundo a prensa estas concelleiras criticaron a nosa ausencia aplaudindo ao Alcalde, o cal e sorprendente tendo en conta que os seus compañeiros que xa levan tempo sin asistir ós plenos e nunca xustificaron a súa ausencia aos mesmos.

En tres anos que levamos de lexislatura, entre ambas concelleiras que asistiron a este pleno, só unha delas emitiu unha nota de prensa (adxuntamos copia) na que denunciaba a actitude antidemocrática deste alcalde tránsfuga, que é un especialista en premiar os silencios e as complicidades.

Esperamos que algún día se desmonte a trama caciquil e hipócrita instaurada no Concello de Oroso. 

viernes, 29 de octubre de 2010

COMUNICADO DE PRENSA DO PARTIDO GALEGUISTA DE OROSO

D. Manuel Siverio Mirás Liñares, concelleiro portavoz do Partido Galeguista de Oroso, informa que o goberno municipal de Oroso composto polo bipartito BNG-PSOE, aprobou hoxe en pleno unha subida de tódolos impostos municipais dunha maneira incomprensible e sen ter en conta a crise económica que afecta á maioría dos cidadáns que xa teñen moitas dificultades para chegar a fin de mes.




Esta suba pon trabas na creación de postos de traballo, pasando a licenza de apertura de empresas dos 650 € que costaba aos 2.100, ou no caso do I.B.I que fai 7 anos estaba no 0.20 % e despois de varias subidas, tras esta última pasa ao 0.45%.



Este goberno municipal continúa subindo os impostos polo despilfarro na súa xestión, subsistindo a base de préstamos que teñen sumido ao Concello na ruína económica, con unha débeda encuberta que supera os 4.000.000 de euros, e aínda pretenden seguir mantendo aos seus enchufados a dedo con soldos de máis de 20.000€ ó ano cada un. Entre estes afortunados están o Secretario do Alcalde e a Secretaria do primeiro Teniente de Alcalde, cuxo traballo político consiste en crear confusión entre os cidadáns terxiversando a realidade da política municipal para poder continuar forrándose á costa dos cidadáns, sen importarlles para nada a ética, a honradez e a transparencia que debera rexir na xestión municipal.



Estas son as consecuencias de ter un alcalde tránsfuga e que está imputado en presuntos casos de corrupción que están sen resolver porque a Fiscalía Xeral de Galicia e a Xusticia non cumpliron co seu deber dende hai moitos anos.



Posiblemente chegará o día en que se desmonte o tinglado de corrupción en Oroso tal e como se ven sucedendo ao longo dos últimos anos con casos por todos ben coñecidos. De feito neso estamos nós dende hai tempo e por iso mesmo nos pretenden crucificar.



Para máis información da política municipal aconsellamos visitar o blog de Siverio , http://oroso-siverio.blogspot.com/



Asina





Manuel Siverio Mirás Liñares

miércoles, 18 de agosto de 2010

RESPOSTA Á PUBLICACIÓN FEITA POLA "Agrupación Socialista de Oroso", COMO REACCIÓN Ó NOSO MANIFESTO DO DÍA 4 DE AGOSTO NO CORREO GALEGO

Xa é curioso que remitan un escrito sen a súa sinatura e afirmando que Siverio minte e engana aos cidadáns, pero sen concretar cales son tales mentiras e enganos (claro, asunto escabroso, poñerse a inventar)

Aclarar polo tanto, que Siverio nunca se dirixiu políticamente a esa agrupación con relación á falta de democracia na xestión municipal, porque sabe que non son os responsables directos do que pasa no goberno municipal, e que están pagando as consecuencias de admitir no seu día a quen rompeu o pacto antitransfuguismo e que se atopa imputado como presunto partícipe nunha trama de corrupción dende fai máis de 6 anos.

Nada hai máis certo que o dano que fai a verdade cando se enfrenta a quen non está acostumado a utilizala. E precisamente o que máis lles doe e que Siverio nunca mentiu, insultou nin enganou aos cidadáns, senón que conta a verdade sabendo que quen minte é o goberno municipal para encubrir as súas trampas interesadas. Así pois, imos dar conta dalgunhas das súas mentiras:

MENTIRON cando dixeron que na festa da Troita se deron de 50 a 80 Kilos de troita a cada bar cando en realidade non deron nin unha soa troita.
MENTIRON ao decir que en Portoavieira se contruiría unha piscina cuberta climatizada cando en realidade non hai nin traza dela
MENTIRON dicindo que o 112 viría para Oroso e pola súa deixadez o perderon.
MENTIRON prometendo que gobernarían democráticamente e mal empezaron, negándose a realizar unha auditoria xeral, e mal proseguiron, negándolle reiteradamente o acceso á documentación á que ten dereito por lei a Oposición, poñendo trabas á entrega de fotocopias e non contestando a maioría dos escritos.
MENTIRON ao dicir que o Concello ten unha fotocopiadora cando en realidade ten máis de media ducia e doce impresoras.
MENTIRON dicindo que o aparcamento do Polígono foi feito segundo o proxecto e procedendo a realizar o seu pago sabendo que é unha chapuza.
MENTIRON ao dicir que o Concello de Oroso práctica a austeridade debido á crise, cando en realidade manteñen ao Secretario do Alcalde e á Secretaria do  1º Teniente de Alcalde cobrando máis de 20.000 € anuais cada un deles.
MENTIRON dicindo que o Concello de Oroso ten unha situación económica boa, cando  en realidade tiveron que aprobar un Plan Económico Financieiro cunha débeda aproximada de máis de 4 millóns de euros e está subsistindo a base de préstamos. Neste referente a modo significativo, podemos mencionar que no mes de marzo tiveron que suscribir un préstamo de 431.000 € e no mes de xullo outros 215.000 € .
E por último, MENTIRON ao decir que a oposición nunca presentou ningunha iniciativa, cando en realidade podemos mencionar entre outras, as seguintes :
-  a contratación dunha auditoría xeral económica e financieira do Concello en base ó informe do Consello de Contas da Xunta de Galicia
- a liberalización do coto de pesca do río Tambre, dende a Ponte Carollo ata o Río Lengüelle
- a entrada e saída da autopista A-9 en Sigüeiro dirección Pontevedra
- a petición ás tres forzas políticas do Parlamento de Galicia, que procedesen a anula-lo plus de altos cargos aprobado na última reforma da Lei de Función Pública… e un largo etcétera

Esto tan a modo de exemplo e, que por certo, o equipo de goberno votou en contra destas iniciativas, co cal non estaría demais que agora lle explicasen aos cidadáns o porqué.

miércoles, 4 de agosto de 2010

MANIFESTO DO PARTIDO GALEGUISTA DE OROSO

O Concello de Oroso dende o golpe de estado da moción de censura de fai máis de oito anos vive nunha situación institucional, política e incluso xudicial inestable, e impropia dun sistema democrático que produce unha inquietude social.

     Hai máis de un ano que o grupo político do Partido Galeguista na Corporación Municipal, cansos de soportar tanta inxustiza, presentaou unha denuncia no Xulgado de Guardia contra o Alcalde e o Secretario Municipal por non respetar os nosos dereitos como membros da Oposición, privándonos da documentación que nos corresponde, non contestando ós escritos na maioría das veces, retirándonos constantemente a palabra nos Plenos con insultos e descalificacións irrespetuosas que o Secretario non recolle en acta.

     Cando solicitamos que o Secretario se pronuncia sobre algunha ilegalidade tampouco o fai. A todo esto hai que engadir tamén o incumprimento da Lei na maioría das contratacións das obras, con clientelismo e nepotismo, facendo caso omiso ós reparos da Intervención Municipal por certificacións de exceso ilegais.

     Gobernando por decreto na maioría dos casos vaciando así o contido dos Plenos.

     A posible e constante corrupción política chegou ata aquí porque o Sr. Fiscal Xeral de Galicia, a Fiscalía Anticorrupción, o Tribunal de Contas, a Policía de Delitos Urbanísticos e o Xulgado de Instrucción Nº 1 de Ordes, sendo coñecedores do que está pasando no Concello de Oroso incumpriron incomprensiblemente co seu deber.

     A nosa indefensión lévanos a que informemos públicamente ós cidadáns que o Concelleiro e a Concelleira do Partido Galeguista, estamos decididos provisionalmente a non participar nos Plenos municipais como o levan facendo xa dende hai tempo un Concelleiro de Terra Galega e unha Concelleira da Partido Popular, en tanto en canto non se nos respeten os nosos dereitos constitucionais como membros da Oposición e a Xustiza non actúe en cumprimento do seu deber.

     ¿Por qué o PSOE sabendo o que pasa en Oroso tolera a este Alcalde tránsfuga e antidemocrático?, non é entendible nin razoable que non se teña intervido o Concello de Oroso como se interviú o de Marbella.

     ¿Qué pasa co Xulgado de Instrucción Nº1 de Ordes que leva máis de seis anos instruindo dilixencias que conteñen informes claros e concluintes?.

    ¿Alguén está amparando todo esto?.

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO GALEGUISTA DE OROSO

O Alcalde de Oroso coa súa habitual forma dictatorial decide iniciar o expediente para otorgar a insignia de ouro a un amigo, cando o razoable sería que esta condecoración se consensuara con toda a Corporación , por eso tódolos membros da oposición, excepto a portavoz do PP, decidimos non participar no Pleno e por este motivo o Alcalde chamounos cobardes.

     O Partido Galeguista, si o Alcalde  é tan valente, emplazao a que convoque un referendo no que os cidadáns poidan votar si este señor merece a insignia ou non.

     O Partido Galeguista respetará democráticamente o que decidan os cidadáns nesa votación.

lunes, 14 de junio de 2010

DERROCHE E POSIBLE MALVERSACIÓN DE FONDOS PÚBLICOS NO PARQUIN DO POLÍGONO INDUSTRIAL.

Despois de pedir nos Plenos e nas Comísións en varias ocasións que por parte do Goberno Municipal se investigasen as obras do aparcamento do Polígono por incumprimento do proxecto e por posible falsedade documental na certificación final das obras non fixeron nin caso, aínda que coñecían o pelotazo tanto no Concello como na Xunta de Galicia, procedendo ambos ó seu pago polo módico prezo de 243.000 euros.

CLIENTELISMO E DESPILFARRO NA OBRA DO POLIDEPORTIVO.

O Concello de Oroso, o día 10 inaugurou as obras do Polideportivo de Sigüeiro construidas co primeiro fondo estatal. Manifestou o Alcalde que con estas obras se crearon vintetrés postos de traballo de aquí e os materiais se compraron todos na localidade. Pois ben, nin todos os postos de traballo eran de aquí nin tampouco se compraron todos os materiais na nosa localidade, e a empresa COPCISA que é de Cataluña foi contratada a dedo por un precio superior ó dado por dúas empresas galegas, as cales facían a obra por un total de 67.000 euros menos, e os proxectos e a dirección das obras contratáronse tamén a dedo a técnicos particulares cando o podían facer os técnicos municipais. Así é como o PSOE e o BNG resolven a crise e por encima celébrano a bombo e platillo.

SEN PRAZAS NA GARDERÍA INFANTIL.

Manuel Siverio sinte moito que quedasen tantos nenos/as  sen praza na Escola Infantil. É lamentable que durante máis de oito anos continuemos coas mesmas prazas na Gardería, no CEIP e no Instituto pola incompentencia deste Alcalde, que non pode enganar a tantos en tanto tempo.

viernes, 11 de junio de 2010

MEDIDAS MÁIS NECESARIAS E URXENTES QUE PRECISA OROSO




Para conseguir un cambio prudente e democrático na política municipal:



1º.- É necesario un Governo municipal que governe democráticamente para todos. Que a contratación de persoal e das obras se faga respetando o principio de igualdade, capacidade, mérito e publicidade.



2º.- Urxe unha modificación do PXOM dentro dos límites da lei para aumenta-la edificabilidade no rural e ordena-lo solo, correxindo as discriminacións que existen.



3º.- Hai que elaborar un plan para consegui-lo saneamento de todo o rural, cunha mellora da rede viaria e remata-la concentración parcelaria. Que cada parroquia teña un centro social en debidas condicións e construi-los depósitos necesarios para a carga de cisternas para poder rega-los agricultores sin que sexan sancionados.



4º.- Hai que consegui-la sinalización das parroquias, aldeas, ríos, castros, zonas deportivas e igrexas do municipio.



5º.- Poñer á disposición da Xunta os terreos necesarios para a ampliación da Gardería, CEIP e Instituto. A construcción dun centro municipal para a 3ª Idade en debidas condicións.



6º.- Hai que conseguir unha piscina municipal cuberta e climatizada.



7º.- Hai que consegui-la construcción dun Tanatorio Municipal. Soluciona-lo problema gravísimo de cemiterio existente en Marzoa. No cemiterio novo de Oroso e Trasmonte, onde tódolos titulares de panteóns están sin documentación, nós comprometémonos a que cada titular teña a súa documentación, a cal lle corresponde legalmente.



8º.- O partido galeguista está disposto a crear unha bonificación para rebaixa-las contribucións do i.v.e. rural de ata o 50 % que permite a lei en todos aqueles lugares nos que o Concello non preste os servicios que lle corresponde, como por exemplo saneamento, suministro de auga, alumbrado, etc.



9º.- O Concello de Oroso non pode esquilmar con impostos ós seus cidadáns, debe recaba-los recursos económicos necesarios para o seu desenrrolo nas distintas administracións como, a Deputación, a Xunta de Galicia, o Estado e a Unión Europea, e ordear razoablemente as retribucións da Alcaldía e da Corporación Municipal, invertindo en lugar de gastar.



10º.- Hai que promove-la creación ó pé do río Tambre dun paseo dende o Portiño en Sigüeiro ata Porto Avieira, a construcción dunha praia fluvial e a recuperación da Illa do Refuxio para potencia-lo turismo e os lugares de lecer.



11º.- Governar con transparencia, colgando na páxima web do Concello de Oroso tódalas actas dos Plenos, comisións de governo, decretos e resolucións da Alcaldía, presupostos municipais e préstamos suscritos polo Concello, etc, para que os veciños teñan coñecemento da xestión municipal.



12º.-.- Consegui-la entrada e saída da autopista para dar unha solución ó tráfico da N-550 en Sigüeiro.



13º.- Tramitar coa máxima urxencia posible, o desenrrolo dos polígonos industriais para atraer empresas que creen riqueza e postos de traballo.



14º.- O Partido Galeguista está disposto a dialogar e negociar ata, si é necesario, conformar un governo municipal, pero con concelleiros/as que teñan as mans limpas e que non estean involucrados na corrupción.


15º.- No Concello de Oroso é necesaria unha Auditoría Xeral para desenmascarar a trama caciquil de clientelismo e nepotismo existente, dando conta a todos os cidadáns.

lunes, 31 de mayo de 2010

O Concello de Oroso renuncia a dar de baixa o persoal elixido a dedo

No contexto da crise económica, para reducir o déficit público, segundo a lei aprobada polo goberno do Estado, o pleno do concello de Oroso aprobou por unanimidade a rebaixa porcentual de salarios e asistencias a órganos colexiados de todos os cargos electos deste concello.
O Partido Galeguista presentou unha proposta que debido a crise que estamos vivindo, o Concello de Oroso debía de proceder a dar de baixa o secretario do señor Alcalde, a secretaria do Primeiro Tenente de Alcalde, asi como a secretaria do Xulgado de Paz, xa que o concello ten o suficiente número de habitantes como para que dita praza sexa cuberta con persoal oficial,sen coste algun o Concello.
Esta proposta, lamentablemente, foi rexeitada polo equipo de goberno, podendo aforrar o concello de Oroso, entre soldos e seguridade social, unha cantidade próxima os 100.000€ ó ano.

A festa da troita máis política

Oroso é un lugar acolledor con xente traballadora, leal e honrada que non merecen un goberno municipal que vive da propaganda enganosa mentindo constantemente.
Unha festa tan importante como a festa da troita, nunca se debeu convertir, nunha festa do PSOE e do BNG.
Tamén é lamentable que mediante nota de prensa digan que cada local recibiu unha media de entre 50 e 80 kilos de troitas, cando en realidade, o concello este ano non entregou ningunha troita ós locales de hostalería. Todos pensaron que os bares que poñían tapas de troitas eran donadas polo concello, cando os que as puxeron, as tiveron que comprar.

sábado, 15 de mayo de 2010

Na aprobación dos presupostos do ano 2010, o Partido Galeguista presenta unha alegación e vota en contra da súa aprobación xa que non está dacordo en que o Concello de Oroso se dedique a sacarlle as castañas do lume ós seus amigos promotores de Porto Avieira e Sigüeiro, deixando abandonado a maior parte do resto do concello.

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/03/04/0003_8331826.htm?idioma=galego

Un exemplo do clientelismo inxusto do goberno municipal




Na construcción do campo de fútbol de herba artificial de Sigüeiro-Oroso, o señor alcalde, contrata dirección da obra a un arquitecto amigo e socio del en varias promotoras por un importe de 8.000 €.
Logo este fai unha medición de obra ilegal polo importe de 30.118 €, cando no Concello de Oroso temos un arquitecto municipal que debería levar él a dirección, e sen embargo, está levando a dirección de varias obras particulares a sabendas do señor Alcalde.
¡¡ Fíxense ben no que manifesta o interventor municipal e no escrito que presentei o 30 de Decembro do 2009, que ainda está sen contestar!!
¿Para qué queren técnico urbanistas se a maioría dos proxectos e da dirección de obras as están contratando a dedo a técnicos privados?

Alegacións presentadas polo Partido Galeguista para a modificación do plan de ordeanción municipal de Oroso.

jueves, 22 de abril de 2010

Carta dun veciño asistente ós plenos

Así se cumple o pacto do goberno bipartito

El Correo Gallego 13 de xaneiro do 2009
Denuncian que alumnos del obradoiro de empleo plantan fincas privadas

El Correo Gallego 13 de xaneiro de 2009 
La recepción de Porto Avieira, cuestión de días

El Correo Gallego 17 de xaneiro do 2009 

Acusan al gobierno de Oroso de costear la obra de una promotora

Os presupostos de Oroso durante os últimos anos



 O Sr. alcalde e os seus secuaces que o apoian cegamente, que lle expliquen ós cidadáns de Oroso cómo xestionaron semellantes cantidades de diñeiro.
Onde están, en qué obras? Por qué con préstamos e pendentes de pago se deben uns 4 millóns de euros aínda?
Este alcalde é un reo dos que o apoiaron na moción de censura de hai 8 anos. Estánlle dirixindo a política municipal pola súa incompetencia. Aínda continuamos coas seguintes promesos de cando a moción de censura, que aínda non cumplíu:
  • A antena de telefonía móbil, a carón da gardería, está aínda sen retirar
  • A ampliación da gardería sen ampliar unha sóa plaza
  • A ampliación do CEIP e a do IES, continúan coas mesmas plazas como hai 8 anos
  • O acceso da autoestrada A9, aínda sen traza 
O Sr. alcalde, en setembro do 2007, recibíu irresponsablemente as obras do polígono industrial da Ulloa  (a cambio de 150.000 euros IVE incluído) sen estar rematados os accesos e sen remata-los servizos, que eran responsabilidade de Xestur: a día de hoxe aínda non hai acceso, nen rotonda nen están rematadas as infraestruturas.
O que sí fixeron foi asfaltar o aparcadoiro do polígono, incumplindo completamente o proxecto e contratando a dedo a obra por 243.000 euros. Obra na que, agora, a lama aflora a través do asfalto.
A especulación urbanística cada día é máis alarmante, agora que lle pregunten ó Sr. alcalde tódo-los veciños que aínda seguen sen licencia de primeira ocupación e metidos nun bó lío pola complicidade deste alcalde cos promotores. Por qué no concello de Oroso seguen construíndo aqueles promotores que curiosamente son os que máis infraccións levan cometido?

sábado, 17 de abril de 2010

Prácticas habituais na xestión municipal do goberno de Oroso

Soberbia, prepotencia e despotismo.
Despilfarro e malversación do presuposto.
Discriminación.
Tráfico de influencias.
Desprezo á verdade.
Incongruencias. Etc.

Estes son a xuízo de Manuel Siverio Mirás Liñares, os pecados capitais máis destacables do actual goberno de Oroso, que calquera veciño de Oroso pode persoalmente comprobarm se tén interese en facelo, consultando a documentación que se irá achegando periódicamente neste blog.

SOBERBIA, PREPOTENCIA É DESPOTISMO. Posta de manifesto na actitude mostrada pola actual executiva, negando ou obtaculizando información aos cidadáns, non o di só Siverio, que o sofre directamente, senón que o PP de oroso e o Defensor do Pobo de Galicia, destaca ao Concello de Oroso, como o máximo expoñente no desprezo a un dereito fundamental tan básico e importante. (Véxase Informe do Valedor do Pobo e publicacións de prensa rexional)
DESPILFARRO E MALVERSACIÓN DO PRESUPOSTO- uso de diñeiro público para favorecer a uns e perxudicar a outros:
  • EN OBRAS PÚBLICAS: Parque Río Carboeiro - PXOM zona segregada de Santiago - Farolas eiras - Asfaltados eiras - Rotonda - Etc
  • EN IMPOSTOS: Non aplicar o imposto de plusvalía ás vendas do solo industrial de Oroso por ter intereses no mesmo. Subidas inxustificadas do IBI, subida do imposto pola recollida do lixo nos establecementos do rural
DISCRIMINACIÓN. A súa política segue a máxima: "Ó amigo a mano, ó enimigo polo a... e ó indiferente aplicámoslle a lei vixente" (Esta última coa interpretación que resulte convinte).
Se se queren ver exemplos flagrantes de discriminación, pode un pasearse polos diferentes núcleos rurais e se poderá observar, cómo as beirarrúas e as farolas colócanse en función do sitio onde os comparsas do equipo de goberno teñen a súa residencia.
TRÁFICO DE INFLUENCIAS.- Posto de manifiesto:
  • Convenios urbanísticos: facilidade para celebralos e tolerancia absoluta para o seu incumplimento
  • Licenzas de obras: facilidade para a súa obtención ou pegas á súa expedición, en función do nivel de simpatía política do solicitante.
DESPREZO Á VERDADE. As mentiras non deben quedar impunes.
Minte o Sr. Alcalde, cando daba por feito a instalación do 112 en Oroso, e agora vaise instalar no Concello de A Estrada.

A piscina climatizada de Porto Avieira a día de hoxe é un burato que só servíu para conseguir terra a baixo prezo para o recheo do campo de golf.

Caos do goberno municipal

Aínda que administran o Concello como se fora a súa casa particular, con amenazas, insultos, enganos, mentiras e descalificacións, non van conseguir que Siverio cale, tire a toalla ou se venda.
Siverio prefire continuar sendo honrado e leal cos veciños de Oroso na oposición, antes que formar parte dun goberno municipal con corruptos e caciques.
Como decía Castelao "as descalificacións dos caciques honran ós demócratas" e "as armas dos cobardes son as mentiras".

Feitos que demostran realidades (2)

Siverio nunca utilizou a política en beneficio propio, nin en asuntos particulares. Pero para poñer un exemplo da doble moral que practica este "sociolisto" fíxense quén está ilegalmente.

Xestoría Rafra na Rúa do Camiño Real










Parte traseira do edificio na Rúa Camiño Real, onde están situadas as oficinas de Rafra, contruídas en zona verde.



Esta obra, contruída ilegalmente, sen licencia, en solo rústico, ó lado do campo de fútbol de Vilaromariz dun compañeiro tamén "sociolisto"

martes, 30 de marzo de 2010

Feitos que demostran realidades (1)

O Sr. alcalde, en varias ocasións manifestou públicamente que a nave de Siverio tiña 1500 metros cadrados   e que estaba ilegal. Pois nin ten 1.500 metros cadrados, xa que ten 413, e leva máis de 20 anos pagando os seus impostos legalmente, como se pode apreciar na documentación que aporto.